non hai mais cego que o que non quere ver

Este post vai dirixido especialmente para Jota, ó que considero unha persoa intelixente e cabal pero, como todo militante activo do BNG, adoece de falla total de criterio crítico coa súa organización.

Mira J, todos os partidos (TODOS) teñen algo de amiguismo e enchufismo, como por outro lado é lóxico (sempre e cando se manteña nun orden) que un cargo queira ter como persoal de confianza xente que sexa do seu pau. O problema ven cando esto se xeraliza, e enton se empeza a meter, non xente de confianza para postos claves, nin persoas especialmente válidas para postos de responsabilidade, si non a todo propietario de carné de partido.

Esto que é de todos coñecido, e , como digo, hasta certo punto comprensible, tórnase puro clientelismo cando se incorpora indiscriminadamente a centos (+- 300) no sistema galego de benestar, polo teu partido. A dedo. Si, a dedo, como os caciques que criticades. Decides que o BNG ten unha traxectoria limpa, claro, porque nunca mandou en ningun posto de responsabilidade, porque para catro anos que leva con algun mando, ya leva un record difícil de igualar, porque aparte dos nombrados anteriormente, tamén están todos os que se meteron en SEAGA (servicios agrarios galegos). Dous organismos tachados polos sindicatos de “chiringuitos”. Polos sindicatos (que non son sospeitosos de traballar para o PP), ollo, non pola oposición.

Esto aparte de levar os vellos nun autobús subvencionado pola Xunta (os 15€ que pagaron non chega para o billete, e o resto vai en subvencións controladas polo BNG) a un mitin ó que non querían ir, ou polo menos non sabían que ían ir. Aparte da creación dun panfleto nacionalista de tirada gratuita no que 10 dos 14 anuncios (de media, e de páxina enteira) son pagados con diñeiro público é de organismos gobernados por Quin. Por non falar do caso de Mugardos, onde a aparexadora municipal, accedeu ó cargo sin oposición, e ahora tanto ela como o seu alcalde (do BNG) están imputados por prevaricación pola fiscalía (ainda que non condenados, como moitos que imputa Garzón, poden ser inocentes. No caso do super-xuiz, mais da mitade dos imputados, saen libres, ben por falla de probas, porque non se fixo ben o traballo, como no caso nécora, ou ben porque simplemente son inocentes, como o ex director da ONCE) ou do caso do qeu meteu a media parroquia na xunta.

Como podes ver, o teu partido tampouco está libre de culpa, ó mellor ten menos casos, porque leva menos tempo gobernando, pero non se trata de números. Trátase de telos ou de non telos. Anque como dixo Quintana, Eu respondo pola profesionalidade e o mérito de todas as persoas que traballan no Sistema Galego de Benestar”, e xa está. Para qué oposicións. Xa o di o que manda, e todos a tragar. E falades de dictaduras, como si as vivirades. Si viviras a época do dictador, encontrarías ahora moitas similitudes.

Ollo, con este post non pretendo facer campaña, xa vistedes que non escribin ningunha entrada que fale da campaña, e penso seguir asi, pero paréceme que non está de mais poñer os puntos sobre as ies e intentar abri-los ollos de algún devoto da secta, sexa do color que sexa.

Porque TODOS son mui malos.

canto costa a publicidade de ZP

Si, eso, canto costou a publicidade de ZP na campaña rodeandose de artistas de medio pelo?
Resulta que cando o pais está ó borde do colapso porque non hai pasta para poder levantar as empresas, ou cando menos poder sostelas, o ICO ven de apoiar a industria? do cine? español con 75 millons de euros, para futuras películas. Pois ben, o cine español ten cada vez menos público e cada vez mais subvencións, subvencións que pagamos nós.
Non vamos ó cine, básicamente porque non nos gusta, anque a ministra diga "la razón de esta crisis estriba en la vulgarización del público español" ole tus ovarios, campeona. Ou sexa, que si a min (e a maioria dos españoles) non nos gusta o cine que se fai, non é culpa de que non nos interesen o mais mínimo as revisións partidistas da guerra civil, nin sesudas interpretacións do existencilismo e outras disquisicións filosóficas, non!! é culpa nosa que somos uns paletos. E claro, subvencion ó canto. Para que catro listos vivan como marqueses. Eso sí, son agradecidos, que posan coa eñe na cexa, para que quede claro quen paga a festa. Ainda non se deron conta, de que vamos ó cine a pasar un bó rato, a rirnos ou a pasar medo, ou xerar adrenalina, ou a chorar, según o estilo que lle guste a cada un. E a min, o cine español, salvo fabas contadas, non consegue motivarme o mais mínimo.
Este é outro exemplo de que o subvencionado non funciona económicamente, que se busca a solución fácil do diñeiro pola jeta e esquecémonos de buscar a forma de producir. E pódese producir e facer cine bó neste pais. Ahí está a industria (esta sí que merece o calificativo) das series de TV, que como teñen que competir duramente, búscanse a vida e fan series que lle gustan ó público.
Tamen dicen que a culpa é do pirateo. Que por eso a xente non vai ó cine. Mentira. A xente non vai ó cine porque non lle gustan as películas. De hipashare, un dos maiores portales de descaragas deste pais, só ten 5 patrias entre as 100 mais descargadas. De 22.000.000 (si vintedous millons) de descargas de este portal solo 200.000 son películas españolas, un triste 0.9%, é decir non as quere ver naide nin gratis.

Pos ben, o cine recibeu 85 millons de subvencións mais 25 millons polo impuesto revolucionario do canon, en total 110.000.000 de euros, esta é a forma de medir socialista, non queres ir ó cine, pois non vaias pero paga a entrada (casi 3€ por español) é decir uns 12€ por familia que todos pagamos para que esta industria siga facendo películas que naide ve. Ollo ó dato, que non é unha broma, reciben 110 kilos (casi vinte mil millons das antiguas pesetas) e solo son capaces de recaudar 77 millons!!! Moito mais da mitade dos seus ingresos son subvencións!! A ver como se lle explica esto ó que ten unha explotación ganadeira, onde cada vez o xato vale menos e o pienso mais.
Anque tamen pode ser que esos 110 millons non sexa para o cine, si non para que os estómagos agradecidos saian apoiando incondicionalmente a ZP, alias "barra libre".
Por último deixovos unha lista das películas mais taquilleras (si pulsades na lista, vése mais grande e pódense leer os títulos), e como podedes ver, as que mas recaudan das españolas son "Los crímenes de Oxford" (que solo ten de española o título e o director, Alex de la Iglesia), "Mortadelo e Filemon", "Vicky Cristina Barcelona" (outra española de pura casta, esta nin o director, pero sale Bardem, que con súa nai fixo campaña intensamente) e "Che, El Argentino" (outra mui española, coproducción USA-España, onde nós puxemos a pasta, e un par de secundarios), e ningunha está entre as 10 primeiras. No que si coinciden, salvo quizá Che, é en que son películas para pasar o rato, sin mais. Onde están os 126!! títulos producidos polo cine español en esta lista?
Hai os meus cartiños... con que pouco tino vos manexan....

o despido barato.

Despois de tanto tempo, estou outra vez por aqui. E hoxe vou a escribir a miña opinión sobre do despido barato que soa ultimamente por ahí.
E para eso temos que remontarnos ó que é a empresa en si. A empresa, é un ente no que un empresario ou varios poñen pasta para recibir a cambio dividendos (beneficios). Folga decir que teñen que ser beneficios superiores ó valor do diñeiro ou o que nos pagarían no banco por esos cartos. As empresas teñen entonces o fin de crear riqueza para o inversor, que para eso arriesga o pecunio. Hai varias definicións de empresa, mais académicas, ou mais técnicas, pero en resumen, todas veñen a decir esto. Ben, unha das cousas que a empresa non é, é unha ONG.
Cando nun mercado laboral ríxido (como o noso) se produce unha crise (coma a nosa) baixan as ventas das empresas, como teñen menos ventas e por tanto menos beneficios, deben recortar gastos para manter a viabilidade do tinglado. Si resulta que desfacerse do 10% ou o 15% da plantilla costa moita pasta, non o vai a poder facer, porque non ten recursos, porque como conven non esquecer, estamos en crise (menos ventas e menos beneficios, co cal a economía da empresa xa está deteriorada) e entonces vai tirando como pode, perdendo cada vez mais pasta, xa que cada vez e menos competitiva. Asi que daquí a uns meses, todos para a casa sin cobrar un can.
E sobre o debate de si un mercado laboral flexibel produce mais paro ou mais emprego, creo que é un debate absurdo, porque eso xa está demostrado. Non hai mais que botar un vistazo os nosos veciños desenrolados, Francia, Inglaterra, Alemania, Suecia, Noruega... Todos eles teñen un mercado laboral moito mais liberal que o noso. Todos teñen unha tasa de paro da mitade da nosa. ¿non é lóxico pensar que algo terá que ver a forma de contratar e despedir xente?.
Si unha empresa necesita traballadores, e convén non olvidar que as empresas a fin de cubrir o seu obxetivo (ganar pasta) deben producir, deben traballar e por ende contratar personal, e se encontra con crise, pero con facilidade para desprenderse de traballadores nun futuro cercano, si a cousa se torce mais, contratará personal. Si se encontra na mesma crise, pero con unha lexislación como a nosa, non contratará a naide, porque sabe que lle vai costar un huevo desprenderse da xente que lle sobre. É especialmente sangrante, que as empresas que tiveron a mesma plantilla durante anos, proporcionando emprego estable durante lustros, ahora sexan as mais perxudicadas porque teñen despidos millonarios, sin embargo as empresas que sempre traballaron con temporales, sin meter xente fixa, son as que están mellor preparadas para superar esta crise. É intesante ver como a lexislación premia ós que apostaron pola estabilidade dos traballadores, cando a auga che ven polo pescozo, ainda mexan por derriba de ti.
Por outro lado, a empresa paradigmática de traballadores en situación laboral estable (indestructible) son as administracións do estado (funcionarios) que forman a caterva de improductivos mais importante do planeta. Tamén parece lóxico pensar (a grandes rasgos, xeralizando) que os traballadores que se saben intocables tenden a perder productividade.
E por ultimo para rematar, hai que non perder de vista o obxetivo da empresa, ganar pasta, si a empresa non lle da pasta ó inversor, éste pecha o chiringuito e mete os cartos a prazo fixo, con beneficios garantizados e sin dóres de cabeza. Asi que e convinte ir pensando en facer as empresas rentables e productivas en lugar de afogalas con cargas inasumibles, pola conta que nos trae a todos.