os vellos da farmacia

-A ver pepe! Moito tempo hai que non te vexo.
-Moito, e a ultima vez tamen foi na farmacia, e boa verdade que todo se garda para a vellez! Como che vai ho
-Ben, doeme un pouco o óso, pero será cousa do tempo. E ainda por riba, cada vez vexo peor, o outro día quixen ler unha propaganda que mandaron e solo puiden ler as letras gordas roxas!
-Tampouco te perdiche nada, non valía gran cousa.
-E logo de que iba?
-Falaban do contentos que tan porque gañaron as elecions, e tal.
-Ai si, xa me dixo o meu neto que lle escribiran ó ganador unha carta, está moi ben arrimarse ós que ganan, xa no lo decían os da falange. Asi e todo hai cousas que non cambian…
-Pois non creo que faga falta escribirlle unha carta, ben llo podian decir de palabra, o que ganou non vive na Seara?
-A ese non, animaliño! Ó que lle escribiron foi a Zapatero. Taba tan contento que houbo festa rachada, pero seica non taba para tanta leria cando ganou o da Seara, andaba algo retorcido.
-Non me extraña, co tempo que levan intentandoo, ben lles podían deixar gañar algunha vez. Anque só seña pola antiguedade. Porque hai algun que leva 25 anos batallando. Fíxate si están emburrados, que hai un que dixo que se ía cando se fóra o vello, que o había tumbar. E tan embalado que estaba coa victoria que non se acordou de irse!.
-Tamén abusan algo deles ho, porque mira que non botar á xente que estaba no salón de actos para que poideran facer o mitin.
-Dende logo, hai que botarlle valor. Que falla de democracia.
-E logo ti poque crees que non ganaron, será por que non teñen boa xente?
-Non, no é por iso.
-Será logo polo programa.
-Tampouco.
-Entón será porque a xente non se fía moito deles.
-Non ho! Seique é culpa dos do Pereiro, e eso que ahora traenlle a auga da diputación, que debe ser algunha xente que traballa aparte do concello porque según parece alí non se sabe nada deses cartos que mandan para acó.
-Pero diranlle algo? Ou será algo secreto, ó mellor o esconden como o da crise.
-Secreto non é, porque os do folleto sabeno todo.
-Pois estos do concello mira que son burros! Que o sepa a oposición e non sepan nada no goberno manda carallo! Se ve que non len o mesmo periodico.
-Si ho, esto da diputación está moi ben, hasta o que manda nos cae moi ben.
-E logo coñecelo?
-Na miña vida o vin, pero no panfleto di que nos cae ben.
-Pois si o di nos papeis será verdade. E fala algo da crise esa que tan famosa é?
-Non, deso non di nada, pero é normal porque colleunos de sorpresa, fíxate tu que o dia antes das eleccións nadábamos na abundancia e unha semana despois estábamos nunha crise que nos levará dous anos levantar si hai sorte. Así que a cousa tuvo que vir moi de repente. Sería desas galopantes.
-E tamén e culpa do Pereiro?
-Non ho! Esto é culpa do petróleo e duns bancos de América que fixeron non sei que hipotecas.
-Bueno, o caso é ter a quen botarlle a culpa.
-Ben se ve que estes non son túzaros como os outros, saben doblar. Si os outros dician que había crise, e tiñan razón, pos dáselle e punto, para que temos que discutir si é certo. E co da auga igual, si non o fixeron ben e rectifican anque sexa tarde non o fan mal de todo. Que mais da que antes o pagara Europa e ahora o pague España, están todos tan lonxe!
- O caso é que non no lo quiten da pensión, porque co que subeu todo non me chega para nada. Viche o que subeu a leite?
-Na tenda si, pero na vaca non. Ben se deita que a xente ahora e mais civilizada, porque fai pouco ben se montaba unha tratorada para trancar as carreteiras porque a Xunta non facía nada polo agro.
-Xa ora, pero ahora non é culpa da Xunta…
-Será dos do Pereiro logo.
-Non ho, é culpa das leiteras. Antes era culpa de Fraga, ahora son as leiteiras. Así e todo, si non se corta a carreteira non se consegue nada, senón pregúntalle ós de Foz, que xa deben ter os médicos, porque non volveron a trancar nada.
-Non sei si neso non che cambiarían tamen de parecer, coma cos etarras, que antes queríanse rendir, pero despois non, e ahora, xa non sei quen está a favor ou en contra, porque parece que algo pasou tamen no concello, que non sei se non estarán a favor deles.
-Bueno ho, o caso e ter talante, que tempo hai para amaña-las cousas. Moito peor é o meu, que me dixo o veciño que me roubaran no cabanote.
-É sábese quen foi?
-O veciño di que si, que el sabe quen é o ladrón, e xa me dixo quen foi e todo, bueno, díxomo a min e a todo o barrio.
-E pois haberá logo que denuncialo que para eso están os tribunais.
-Non se atreve, porque para min que non ten nin idea do que di, e debe ter medo a que despois o acaben denunciando a el por mentir. Éche algo falabarato.
-Pois tamén o teu veciño é algo cantamañanas, si sabe que alguén rouba e non o denuncia, ou minte, ou é complice do ladrón.
-Boh, hai que deixalo, eu creo que non che está moi ben dos nervios. En realidade eu creo que non me falta nada.
-Pois logo haberá que chamar á asistenta, que lle bote unha ollada ou que veña o medico da seguridade social, que para eso está.
-Non che sei si terá seguro, creo que nunca pagou o censo.
-Tampouco creo que faiga falta, según teño entendido, ándanche criticando á xente por pagala, ahora non debe ser obligatorio. Igual é voluntario, así que só a deben pagar os parvos!
-A onde vamos chegar, entre tanto regalo, e non pagar os que traballan a ver de que vamos cobrar nós!
-En fin pepiño que che vaia ben.
-Hasta outra manoliño.

0 comentarios: