analise do panfleto do psoe

Imos intentar analizar (non é doado) o folletín que a agrupación local do PSOE, reparteu por Alfoz estos dias. Non é doado analizar seriamente tal sarta de medias-verdades e mentiras sin sentir vergonza allea, non é facil sobrepoñerse a cobardes ataques personais basados en mentiras e en mala baba de perdedores resentidos, cabreados có mundo e con todo o que non sexa o universo do seu (limitado) punto de vista. A ver como sae a cousa:
Na primeira páxina, maravillosos resultados electorais, sentímonos felices e contentos, aplaudimos cas orellas do bós que somos. Que ledicia. Vendo os datos, resulta que que o bloque empata, lóxicamente os partidarios do BNG son bastante acérrimos, e hai que esperar a que cumpran anos para que cambien de idea. IU perde trescentos e pico mil votos, outros tantos esquerra, perde tamen cincuenta mil Ciu, e cento e pico mil PNV, total hai unha baixa de oitocentos e pico mil votos. E resulta que o PSOE solo apaña cuarentamil, e o PP catrocentos mil.
Pois vai ser que os votos de esquerra e iu non foron para o PP, si non que foron para o PSOE (non vaia a ser que gobernen os fachas) e os sectores mais centristas do PSOE cambiarian a PP. Esta explicación parece mais probable que o feito de que un votante da izquerda mais lateral cambie de voto ó PP.
Asi que, señores, non señan tan autocomplacientes, que si non chega a ser pola axuda do voto util da esquerda mais radical, estarían ustedes na oposición.
Despois dinos que si somos progresistas e solidarios temos que ser do PSOE. Si non o somos, si somos egoistas e retrógrados, entonces podemos ser do PP. Vale, en fin...
Paxina segunda, o desconcertante 'sabías que...'
A seguridade social do alcalde... ¿E logo, que tiña que estar, sin asegurar? Non entendo o enunciado, custa o que marca a lei. ¿non? Menuda parvada. Sin comentarios.
Todos os vehículos do concello están con MAPFRE, ¿e qué? Todos o vehículos do concello son dous (creo). Evidentemente parece un suculento festín para calquera broker de seguros. Vaia por Dios. Esto é o que dedica o tempo os candidatos do PSOE, a buscar Marbellización en Alfoz, je, je. Pero serán muertos de hambre. je, je. De todas formas si esta xente ve indicios de prevaricación, que vaian o xuzgado, que para eso está e que se deixen de bobadas, e de intentar confundir á xente decindo medias verdades, como si tér dous vehículos asegurados en MAPFRE fora un capital.
Que os familiares dos concelleiros non poden desempeñar traballos nos concellos, vale, esto debe ser unha nota informativa, que sempre agradecemos desta xente tan interesada na nosa cultura. Por outro lado non vemos que aplicación pode ter no concello de Alfoz. Seguiremos esperando a ver si son mais explicitos, ou si simplemente se trata de tirar a pedra e esconder a mau como fan sempre.
Que os concelleiros non poden vender materiais o concello, pois o mismo, non consta, pero si ven indicios, xa saben a onde teñen que ir... que por outro lado é a súa obriga.
Que hai móbiles no concello, claro... ¿Habían falar por tam-tam? Por señais de fume non se pode, non deixa SEPRONA. Outra parvada mais de desocupados sin moito que facer.
Que o goberno subeu o imposto de aparcamento. Si. E tamen subeu o pan. E a electricidade, señores, desde que gobernan os seus superiores, subiron moitas cousas, os productos agrícolas subiron un 46% desde o 2006 (publicado diario 5 dias, 19/04/08) subiron na tenda porque ós nosos veciños non se lles paga mais (o feito de que os intermediarios ganen mais nos productos agrícolas que antes e o productor cada vez gane menos debe ser pola eficiente política progresista do goberno de Zapatero), o gasoil un 23% (http://inversores.es/espectacular-subida-del-precio-del-gasoil-y-la-gasolina-23-y-12/) nun ano. O precio das hipotecas , mellor non falar o euríbor duplicouse en dous anos, pode comprobarse fácilmente en calquera páxina economica. Claro que todo esto non é culpa do goberno do PSOE, faltaría mais, é culpa da oposición, que son uns agoreros. E claro ante todo esto, que é unha tonteria, vemos que o imposto municipal subeu 6€. Je, je. Non sei si son así de incompetentes, ou é que a cabeza non lles da mais. Vamos a ver señores, o pobo votounos a ustedes para que intenten facer algo productivo, non para buscar unha mota de polvo no basureiro no que están convertindo este pais.
Seguinte punto, o PSOE non puido celebrar un mitin porque habia un sindicato (non se oviden do dato importante, afín ó PP) celebrando un curso. Bien, este punto merece un comentario. Señores do PSOE, aquí pecan ustedes de maldade, porque non pode ser que despois de 30 anos intentando ganar unhas eleccións no Alfoz, non coñezan ainda a lei electoral que rixe neste pais e regula todo o concerninte ás campañas de eleccións. ¿Que querían ustedes, que se desaloxara un curso de un local municipal, para que ustedes ocuparan un espacio que non solicitaran como é preceptivo á xunta electoral? ¿Quen se creen que son ustedes? Supoño que a leis rexirán igual para vostedes que para os demais. ¿Ou vostedes están por encima das leis? Tamén pode ser que queiran dar a entender que o concello, o gobernado polo PP, lles negou ese local. Pero ustedes saben que o goberno municipal non ten esa potestade ¿Verdade? Entón porque tratan de confundir á xente. ¿Será porque non son capaces de ganar limpamente e calquera cousa vale? En fin, é o que hai.
O PSOE ganou nas mesas de S. Pedro e Bacoi, pois vale, enoraboa ós premiados.
Os peores resultados sacounos no Pereiro. Non entendo esta noticia, ¿Queren decir algo con esto? ¿Tratan de que se sintan avergonzados os do Pereiro?¿Acaso son os culpables de que non ganaran a alcaldia? Non sei, a noticia escapase á miña comprensión. Igual é algún tipo de clave secreta.
Que a consellería liberou o concello de pagar polo centro de primaria. Moi ben, unha boa xestión do concello. Para que despois digan que non traballan.
Que o concello desconoce as subvencions da Deputación. Bueno, bueno... Hai que ser jetas para reconocer públicamente que a Deputación sáltase o goberno do concello utilizando as subvencións públicas (ollo, públicas, que non as pon o PSOE, que as poñemos todos cos nósos impostos) para que os cadidatos do PSOE, fagan campaña directamente cos veciños, ocultando a información a Alcaldía. Hai que botarlle h..vos!! Pero mira que hai que ser incompetente para decir esto! Non me extraña que leven 30 anos intentando derrocar o PP.
Que os grupos non teñen información sobre o PXOM, pois non sei porque non a teñen. ¿Será que non teñen nada que decir por ahora? Supoño que os seus socios de goberno na xunta, que ostentan a carteira de Urbanismo teránnos puntualmente informados non?
Resulta que nos cae mui ben o presidente de Deputación. Pois vale, pero non sei a quen, porque preguntei por ahí e naide o veu. ¿non viría velos a ustedes namais non? Porque a deputación é de Lugo, da provincia de Lugo, non concretamente dos votantes do PSOE supoño. Espero que non estean facendo uso partidista dun órgano provincial. ¿Verdade que non? ¿Verdade que si ven o Presidente ou Vicepresidenta da deputación vai a vir a interesarse polos problemas do concello, no concello, co goberno legal de este concello? Non creo que xente tan democrática e progresista ande por ahí ó marxe do Concello, da mau da oposición facendo méritos. Ustedes non farían unha cousa tan rastrera ¿Verdade?
A deputación aprobou unha traida de auga para Pereiro e Oiras. Descoñécese o dato dos resultados electorais nas Oiras. Porque parece que se da a entender que as subvencions da Deputación e os resultados electorais están ligados. Convén recalcar que os cartos da Deputación saen dos nosos impostos. Dos de todos.
Vai solicitar que se envíe información os domicilios. Ben feito, pero creo que será contraproducente para vostedes. Si a xente ve o que realmente pasa, non vai creer a sarta de tonterías e mentiras que din no seu panfletucho.
Que as actas chegan tarde, vale. Mui mal por non darlle a oposición as actas dunha reunión na que estuveron presentes. Que desfachatez. Con un goberno municipal con estes fallos tan clamorosos vamos á ruina segura. Outra parvada mais. Hai que rellenar.
Que non se convocou os veciños á concentración contra o terrorismo. Vale. Non quererán decir que a alcaldía de Alfoz está a favor do terrorismo. Eso mais ben corresponde ó seu partido. Non creo que lles faiga falta recordar que ata fai pouco tiñan un etarra confeso (con 25 asasinatos recoñecidos, e orgulloso de cometelos e que nunca se arrepenteu de nada) tomando os viños polo seu pueblo, mentras as súas víctimas tiñan que esconderse na súa casa.
Que o PP seguiu facendo campaña cando estaba suspendida. Volvemos ó mismo, si dicen verdade (que non a dicen), e non denuncian un delito, están incumplindo co seu deber. Pero como saben que o que dicen non é verdade, e non teñen probas de nada, o que ustedes fan chámase calumnia.
Paxina 3. Ahí temos á vicepresidenta da Deputación, coa plana maior do PSOE. Non sae naide do PP, ¿Onde estarán?. Vaia, vaia, a que vai ser verdade que andan ás escondidas. Eso está mui feo.
A piscina. Fixose unha festa para inagurala, e parece ser que foi cara. Barata non foi. Pero ainda é mais caro levar a un pediatra ca ministra de defensa a Afganistán para que se luzca aló, cando non hai pediatras acó. Se ve que o superavit de ZP non da par mellorar a sanidade.
O seguinte, pois mais do mismo. Acúsase o delegado de obras de roubar ó concello. Mentindo, como sempre.
O grupo do PSOE, fixo unha pregunta ó respecto como recoñecen no papelucho (na última páxina), a cal se supón será contestada no seguinte pleno. ¿Entonces cómo acusan a alguén de algo tan grave si non lle deron ainda resposta?.¿ Non será porque lles da igual o que lles contesten porque xa teñen condenado ó delegado de obras no seu particular xuicio sin defensa algunha?. Pois ben, o que dicen, aparte de cobarde acusación, é mentira. E tamén dicen mentira sobre o da ponte de Santa Mariña. Calquera que teña interese en saber a verdade pode acudir as actas dos plenos de aquela época. Con respecto ó de ahora, tamén verán que minten cando lles dían resposta no pleno. A ver si despois son capaces de reconocelo no papeliño este que publican ustedes.
A ultima páxina (gracias a dios) fai referencia ó inxente traballo que fixeron estos dias con un traballo sin igual, e tal, Pascual. Bla bla e pouco mais.
Despois algún dos abnegados profesores da lista do PSOE, danos unha clase de semántica. Gracias. Pero non sabemos a que ven. Que algúen lles chamou chusma a algún de ustedes. Desde logo, ¡qué afrenta!. E moito mellor chamar, caradura, ignorante, ladrón, prevaricador, interesado etc. a algunhos dos compoñentes do Goberno do Alfoz (aquí convén recordar anque lles pese, que é o goberno elexido polos veciños de Alfoz, que os preferiron antes que a vostedes, pero no perdan esperanzas, algún día... quen sabe. Si Pepiño Blanco cheguou onde chegou, e Chikilicuatre vai a Eurovisión, ¿Por qué non van gobernar vostedes?)
Espero que poida ter tempo para contestar o próximo folletín desta xente dan pouco amargada e resentida.

0 comentarios: