Dende logo temos un pais que é do mais tolerante. Somos os votantes mais conformistas que se pode pedir. Todo nos parece ben. Si o ministro de Economía asegura e reasegura durante as eleccións que non hai tal crise, e que o pais vai de coña, creémolo. Anque a nosa carteira diga todo o contrario. Pero, bueno, ¡non vou saber eu mais que un ministro! Si di que todo vai ben, é que vai ben. Si despois, só unha semana despois, se da conta de que non é verdade, de que non vai ben, e que estados sumidos nunha crise que non a salta un gitano, pois tampouco pasa nada.
Pois que queredes que vos diga, eu creo que si que pasa. Pasa unha destas duas cousas:
1- O ministro non o sabía. Polo que é un incompetente para non ver tamaña obviedade e debe dimitir e marcharse para a casa, xa que está claro que non ten nin idea do que leva entre maus.
2- O ministro si que o sabía. Polo que é un mentireiro que oculta información ós españois para favorecer os intereses electorais do seu partido, e debe dimitir por faltar á verdade.
Só unha das dúas cousas, pero con igual resultado, o ministro debería irse, pero non se vai. ¿Por qué? Porque neste pais de pandeireta todo vale. Demóstrase claramente que un ministro nos minte descaradamente en todos os medios con algo tan importante como a economía, para ocultar un dato que desacredita gravemente a xestión do seu partido, e naide dí nada. Si naide protesta,¿ Para que carallo se vai ir?
Outro caso, temos unha ministra como é o caso da Magdalena Alvarez (si, a de ‘antes partía que doblá’) que é claramente unha incompetente, que foi protestada por todos os grupos, e ZP, vólvea a poñer no mesmo posto. Pero vamos a ver, sr. ZP, xa sabemos que manda vostede ho! Non fai falla que faiga alarde de mando.
Manda vostede, pero mande ben, carallo, non lle digo que poña un do PP, nin siquera un que sexa bon (que seguramente non o terá nas súas listas) pero polo menos poña alguén que non sexa manifestamente incompetente. Porfa.
Mais casos, o da ministra de Defensa Carme Chacon. Ollo, nada que objetar á valía como ministra, pero non de Defensa, que unha persoa que publicamente se recoñece nacionalista e pacifista non pode estar ó mando dos Exércitos dun pais, dun pais que lle gustaría trocear en outros mais pequeniños. Tampouco unha pacifista, cuidado que pacifistas somos todos, pero o término pacifista aplícase á xente que aboga pola disolución dos exércitos, ós que considera culpables das guerras. Bueno, pois dígalle eso ós mariñeiros que están secuestrados por uns piratas somalíes, os cales intentará liberar unha fragata de esos pérfidos exércitos. Ou senón vaia a falar cos piratas e convénzaos dialogando con talante, de que devolvan o pesqueiro e tal. Que si, que todo é moi bonito en teoría, pero na práctica, hai que ter un exército para que nos protexa de ameazas alleas, nos guste ou non.
E qué decir dos trasvases, pois nada, resulta que unha semana antes das eleccións non se podía facer ningún trasvase, pero ahora si. Claro que tampouco se trata dun trasvase si non dunha aportación puntual de auga.
Está claro que si Barcelona non tén auga para beber hai que solucionalo, e está ben que se faiga. Pero tamen é certo que esta (e outras obras importantes) estaba recollida no plan hidrolóxico nacional, e estaban todas as obras subvencionadas pola comunidade económica europea. Poidéronse facer todas sin que lle custara un peso ó estado español. E si despois de feitas se vía que non se debían usar todas, pois podería deixarse de utilizar algunha. O tempo demostrou que ainda estando en contra da totalidade, algunha era moi necesaria, incluso para o PSOE. Ahora vámola pagar nós. Hasta un ex-diputado e ex-presidente da comunidad de Madrid socialista nada sospeitoso como o Sr. Leguina, recoñece que el Gobierno paga ahora su "demonización de los trasvases” (http://www.joaquinleguina.es/ ) Hai outro caso, o do Embalse Andévalo, feito polo goberno do PP no 2004 e que quedou sin canalizacións pola derogación de dito plan hidrolóxico (http://www.diariodesevilla.es/article/andalucia/37630/la/presa/andevalo/esta/inoperativa/los/cuatro/anos/su/inauguracion.html) . Pois leva catro anos sin que os regantes os poidan utilizar, teñen unha enorme piscina, pero non poden regar dende fai catro anos. Ahora tamén as vamos a pagar nós. En fin.
O que desde logo fixo moi ben o PSOE durante todos estos anos e a domesticación hasta niveles serviles dos sindicatos. ¿Onde están ahora os CCOO e UGT tan belixerantes en outros tempos? ¿Acaso non ven que o poder adquisitivo dos seus afiliados está caendo ano tras ano? Qué tranquilos andan ahora. Será porque o pais vai ben.
Somos conformistas.
martes, 22 de abril de 2008 | Publicado por layla en 8:47
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario