Aqui si que temos un dilema, que facemos cos inmigrantes? deixamos que voten nas municipais?
Dende o punto de vista progresista está claro, son parte das nosas comunidades e polo tanto deben poder incidir na vida política e no devenir da nosa sociedade, polo ben da integración e alianza de civilizacións etc, etc.
E si o miramos dende o punto de vista dos nosos concellos, pois, porqué non? Claro, porque aquí non hai inmigrantes (son insignificantes, en canto ó censo dos nativos). Pero, qué pasará en zonas como El Ejido? Quen vai gobernar o pobo? Os nativos de El Ejido ou os inmigrantes que traballan nos invernadeiros?. E en Ceuta e Melilla que facemos? Etregámosllas a Marrocos?
Si tivésemos políticos como é debido, non pasaría nada, pero tendo o que temos? Non, gracias. Si os concellales e alcaldes véndense por un polideportivo ou un capricho, que non facerán por gañar ou perder ás eleccións.
Ademais dánse situacións mui curiosas, si vostede mismo, que vive no valadouro dende toda a vida, se ten que desplazar uns cantos anos por motivos laborais a Madrid (por exemplo), terá que censarse alí por razóns obvias (sobre todo si tén nenos en idade escolar). Entonces no poderá votar nas eleccións municipais do que, en realidade, é o seu pobo, é o que vai a regresar de modo mais ou menos inmediato. Tampouco poderá votar ás eleccións á Xunta. Esto parece mais ou menos lóxico.
Pero si pensamos que un individuo que vive en Arxentina (por exemplo) cuio único nexo de unión con este pais é o ser neto de un emigrante que fai anos que morreu, sí que pode votar e decidir quen goberna na xunta... non vos parece que rincha algo?
E todo esto ven de que algún iluminado se lle ocurreu o mesmo que se lle ocurreu ahora a ZP. Que hai unha bolsa de votos ahí que está sin explotar, e vannos ser favorables si estamos listos. Os Votos, ollo!! non as persoas, Os puñeteros votos! que son o único polo que se rexe esta clase política que temos.
E xa vemos en que deu o concederlles ese privilexio, comitivas de politiquillos que perden o cú para ir a ultramar a repartir cuartos dos contribuintes galegos e españois, para garantizarse (comprar) os votos dos 'galegos do exilio'. Porque iso é o que fan, compran os votos con subvencións e pasta gansa que se manda ó cacique local de turno, disfrazado de agrupación folclórica-galega, para que reparta ó seu criterio. E claro, como lles importa ben pouco quen goberne aquí, porque eles están ali, pois danlle os votos a quen mais afloxe a bolsa. (e, por suposto, sin ningunha garantía de que os votos se faigan de forma lícita). Despois aquí, hai que se bota as mans á cabeza e se rasga as vestiduras denunciando que non hai garantías da legalidade do voto emigrante. Hai que joderse, canta caradura podemos chegar a ter!
Eu, particularmente, penso que hai que tratar ós inmigrantes como persoas, hai que darlles un traballo digno e pagarlles por elo. E para poder cumprir esto, teñen que vir con contrato de traballo, como fóron os nosos pais e avós polo mundo, non legalizados automáticamente como se fixo en este pais. Porque ahora, que temos unha crise como un camión (queira ou non queira recoñecelo o goberno), teremos que decirlles que non hai traballo, e que se vaian indo porque non temos nada para eles.
O dilema para un Colombiano (por exemplo) está mui difícil: Que faigo?, voume ó meu pais, onde hai moita mais pobreza que en España, onde reinan os narcotraficantes, onde posiblemente me peguen un tiro por unhas moedas, ou polo contrario, quédome en España, onde ademais vanme pagar unha axuda?. Vaille costar bastante decidilo...
Ademais, como contribuintes que son en este pais, deben gozar dos mesmos privilexios que nosoutros, en canto a sanidade e prestacións. Mentras estén aquí, e estén contribuindo ó ben de este pais. E unha vez que non estén, pois gracias polos servicios prestados, e que lle vaia ben, e esperamos que cos cartos gañados aquí poida empezar unha nova vida no seu pais. Porque se trata de esto non? De ir a gañar cartos ó extranxeiro para poder progresar nos seus paises de orixe, non? Porque si se oe a algún político, parece que nos veñen facer un favor, e non é así, é unha trasacción económica, veñen por uns cartos que non poden gañar no seu pais e que nós lles damos para que faigan un traballo que non queremos ou non podemos facer nós. Nin mais nin menos. O resto é pura propaganda política, discursos vacuos para cabezas valeiras (algo parecido ó que pasa cando se ficha un novo xogador brasileiro para o equipo de turno, e bica o escudo prometendo que desde neno sempre foi de este equipo, que lle saltan as bágoas, etc etc.... si o queremos creer...)
Non estamos falando de que vote un nacionalizado (que xa o fai) como un caboverdiano que leva 20 anos vivindo en Burela, ou a un arxentino que chegou hai 15 anos a Foz e traballa de panadeiro, non, estamos falando de que voten nas municipais unha xente que ven nunha cuadrilla de rumanos a construir un edificio en Barreiros e bota un ou dous anos, e despois vaise facer outro edificio a Balsicas (Murcia) e entonces vota alí.
Non creo que sexan os que deben decidir sobre a nosa forma de vida, nin do noso futuro, ése é un privilexio, e unha responsabilidade que corresponde únicamente ós españois, tanto os nativos como non nativos que despois de pasar uns anos aquí, e demostrar que son xente de ben, e que acatan as leis de este pais, concédenselle a nacionalidade.
O voto dos inmigrantes.
viernes, 4 de julio de 2008 | Publicado por layla en 16:56
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario