Tíñame proposto non escribir nada mais acerca da economía.
Pero é que non podo. Estánnos tomando tanto o pelo de forma tan descarada e con tan pouca resposta social, que me parece que somos conexos esperando a que nos díen o golpe de gracia na caluga.
Di o presidente que non se van recortar as prestacións sociais a pesar da crise. ¿Cales non vai recortar? Supoño que as que están garantizadas por lei, e que por suposto non pode tocar. Porque as outras, véxase as de dependecia social, que se recorta un 25% nada menos. E o que nos tocará.
Aparte da rabia que me da de que nos tomen por idiotas un día si e outro tamén, fastidiame especialmente que se recorten as axudas mais sensibles a xente discapacitada e que non ten medios para valerse, e sin embargo se manteñan subvencions para estómagos agradecidos como as escolas taller, por exemplo. Que lle costan a este país un huevo e parte do outro, e todo para ter unha panda de mangantes vivindo a conta do estado. Xa sei que esto sona un pouco forte, pero parémonos a pensar cantas veces non temos visto ós operarios de calquera escola taller de calquera concello rascándose o bandullo ou directamente deitados ó sol, mentras nós temos que estar traballando como negros para chegar a final de mes. E para que? Pois non o sei, pero gustaríame que se publicara un índice de éxito de estas escolas, poque eu vexo todolos días a mesma xente que vai de escola en escola, e o mesmo lle da que sexa de cantería, que de xardinería, que de punto de cruz. E unha temporada cobrando sin exigencias, con un bó horario e sin responsabilidade de ningún tipo. Pregúntome eu porque non se mete mau a este tipo de sangría económica. Será porque é rentable políticamente ter un bó numero de votos subvencionados por esta vía, xa que ademais controlamos a que concellos se lle conceden as escolas?. Pode ser. Está claro que calquera empresa se vai a cuidar mui moito de non contratar un operario que no seu currículum presume de pasar por catro ou cinco escolas taller. Pola conta que lle trae o contrar con empleados con semellante entrenamento.
A min o que me gustaría e ter un goberno (e unha oposición) como a inglesa, que si empeza a mirar de forma lóxica por donde hai que recortar gastos, lle doa a quen lle doa. En esta noticia, o goberno laborista, anuncia medidas como que os parados de larga duración teñan que facer traballos comunitarios para seguir cobrando a prestación. O mais bonito é que a oposición aplaude e apoia a idea. Imaxínanse a ZP iniciando unha campaña de este tipo, incluso levándoa mais aló e empezando a investigar as axudas que se dan alegremente cos cartos dos contribuintes e que se van non se sabe a donde, por vía de axudas ó mar ou agricultura de montaña ou sabe dios que. E imaxínanse á oposición refrendando estas medidas? O primeiro é difícil, e o segundo... encantaríame vélo.
Recortes sociais
jueves, 24 de julio de 2008 | Publicado por layla en 12:29
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Estou de acordo contigo no da escola obradoiro, creo que pasaba o mesmo que co plan labora. Creo que por os chavales sen experiencia a vivir como funcionarios era "maleducalos" para cando tiveran que pasar a empresa privada.
Creo que foi unha das boas cousas que fixo o nova Xunta acabar co labora, lastima que non se metera coas escolas obradoiro.
Publicar un comentario