educacion para a ciudadania e outras trapalladas

En este video ( pulsa para ver ), os humoristas de cruz y raya fan unha mui simpática parodia da educación da ciudadanía. Simpática por un lado, pero por outra xa non o é tanto, porque pón de manifesto a relaxación moral á que se encamiña a nosa sociedade, e por outro lado mais, tamén se equivoca, porque na nova educación que reciben os mais xóvenes non se inclue nada acerca do cuidado léxico que manexa o mangui do video. Eso sí, saberá un lote de cousas sobre o que non lle interesa a ninguén.
E digo que non lle interesa a ninguén, porque me parece sinceramente que é así, e si non non hai mais que ver o ultimo congreso socialista. Eutanasia, pero non con ese nome sinon co de 'muerte digna'; unha política mais laicista, para non chamarlle anticlerical; ensanchar o dereito ó aborto, para non chamarlle pro-abortista; e defender e equiparar os dereitos dos emigrantes, por non chamarlle 'o que sexa por outro voto'. Señores socialistas, faigan o que queiran con estos temas, en serio. Non nos importa. É mais, traenola ó pairo. Eso si, teñan o que hai que ter e chámenlle ás cousas polo seu nome (aprendéronlle ó do video ou o do video foi ó congreso)
E por favor, ocúpense do que realmente nos importa, 'desaceleración', 'ralentización do crecemento' ou calquera outra forma que ustedes teñan de chamarlle ó que vulgarmente se coñece como CRISIS.

0 comentarios: