por fin caeu da burra

Vale, houbo que esperar seis meses, pero por fin o ZP admite que hai crise. (noticia gaceta). E di o presi, como para quitarse un peso de encima, que ha de haber xente á que non lle afecte a crise.
Imprsionante documento, como diría un bó amigo meu. Pois claro que non, pero aparte de esos os que se refire o presidente (Botin, Amacio Ortega, etc etc, dos que se supón que son do PP, anque eles non digan nada ó respecto) hai moitos outros que tamen lles vai dar igual, por exemplo todos os manguis metidos a dedo nos ultimos tempos en concellos, diputacións, consellerías, ministerios e demais organismos, ademais dos que teñen chiringuitos montados para vender a precio de ouro informes que non fan unha falla a cambio de outras prebendas políticas. Non lle preocupa á ministra de igualdade, que no seu haber ten unha impresionante carreira profesional (tres meses de practicas en empresas do seu pobo) e con eso é ministra, tamen di no seu curriculo que ten unha carreira internacional, sin embargo non é capaz de decir seis palabras seguidas en inglés. Tampouco non lle importa a crise o mais mínimo a toda caterva de indeseables, ladróns, timadores, vendidos, corruptos etc que campan ás súas anchas polo noso pais, amparados por unha xusticia lenta, pasiva e permisiva con todos estos puferos que montan empresas fantasma para timar a outras empresas, a usuarios, e ó estado.
A esos non lles importa nada. Só lles importa a dous colectivos:
1. Os traballadores, que van ver reducida o seu nivel de vida de forma salvaxe. Non se deixen enganar con palabras de prestacions sociais, politicas sociais, etc que o único que fan e confundir á xente. Por exemplo, o ínclito ministro das corbatas, encheuse de razón decindo que non ían a permitir que as eléctricas subiran excesivamente as tarifas, que para eso estaba non goberno un partido progresista e tal. Vale campeón, entonces para que non suban as tarifas (que teñen que subir porque a enerxia en España é mui cara, entre outras cousas porque non queren ter centrales atómicas) chegamos a un acordo para que non paguen os impostos municipales polos encoros que teñen por todo o pais (ver noticia), así que o que che dou por un lado, quítocho por outro co arte do birli-birloque ou titiriteiros sin fronteiras. E tragamos. Así, os concellos que xa de por si non teñen un peso, ahora terán menos, e os veciños quedarán sen determinados servizos. Pero eso sí, en apariencia, e facendo gala da nósa política social, enfrentámonos como valentes ás todo-poderosas eléctricas e fixémoslles recuar para protexer ós contribuintes. Sin comentarios.
Esta é unha mostra do que fai este goberno, e esta (ver noticia) e a mostra do que vai a pasar, aquí o banco central europeo (que supoño que algo de esto saberán, anque non tanto como Solbes) di que si suben os salarios haberá paro masivo. Tampouco hai que ser ningún fenómeno para decir esto, e esto lévanos ó segundo grupo de xente ó que si lle afecta a crise.
2. As pymes. Si, as pymes (ou pemes) sufrirán nas súas carnes a crise, porque para estas pequenas empresas que supoñen unha importantísima parte do tecido industrial do pais, non teñen a forza que tenen as hidroeléctricas, por exemplo, para negociar co goberno, nin ferramentas para mandar xente ó paro como Siemens (nada menos que o 4% dos traballadores) nin moitas opcións de ir moderando a baixa tremenda que están tendo de ventas. E si baixan as ventas mais, indudablemente que van a ter que prescindir de traballadores. Moito mais axiña si se disparan mais o costes sociales e de soldos dos seus traballadores. Eso é a conta da vella. Por eso me fai tanta gracia que o goberno diga que non se van a recortar gastos sociais. Vale, e con que o vades pagar, figuras? O superávit producido polo boom da construcción xa o fundisteis cos 'equitativos' 400€ (digo equitativos, porque os Botin e Ortega que falamos antes, cobraron 400€, e os seus xardineiros tamén, pero o que non chegue ó minimo para retencion, non cobra un peso, todo mui socialista), así que con un pais que no segundo trimestre creceu un 0% (ver) o FMI decindo que o peor está por chegar (ver) e a morosidade crecendo a ritmos do 50% semestral (ver) pois non parece que teña o goberno moito de onde quitar para que sigamos mantendo o ritmo de vida e servicios que temos actualmente. Eso si, humor, talante e optimismo, temos para exportar o que se queira. Pos hala. A esperar o rebote.

4 comentarios:

jotavaladouro dijo...

Sempre me sorprendeu esa facilidade para comentar noticias de madrid mentras aqui o lado pasan cousas tan ou mais sorprendentes. Falas de ministras sin curriculum (ministras de cuota que lles chamaria Federico), no que estou de acordo contigo pero non reparas en casos de veciños nosos, que son deputados, e dos que os propios veciños desconfian de si cando firma pon o seu nome ou firma cunha x.

Estou completamente de acordo contigo no da enerxia nuclear, pero iste e un problema de fondo que afecta o sistema politico do estado,que naide pensa a longo plazo, e como unha central nuclear tarda dez anos en construirse, pois nin o PP nin o PSOE fan nada, por que non lles sirve para gañar as proximas eleccions.

Respecto o das tarifas, o problema ven dende fai moitos anos, donde gobernos do PSOE e do PP lles veñen decindo as electricas as electricas que non trasladen os incrementos dos costes de produccion os usuarios, e iso provocou u n desfase entre o que se cobra os usuarios e o que costa producir enerxia que ia en aumento, nalgun momento habia que paralo. Agora estamos pagando a irresponsabilidade de anteriores gobernos dun e otro signo.

Un regalo as electricas que sempre me sorprendeu foi o que fixo aznar de compensación por costes de competencia. Basicamente era pagarlles as electricas a cambio de crear un mercado de competencia. Algen oiu falar de competencia nas electricas? A algen lle ofreceron unha tarifa mais barata? Dado que se lles pagou as electricas por algo que non fixeron (introducir competencia) non seria mais loxico que devolveran os cartos?

layla dijo...

En este punto estamos totalmente de acordo. Pareceme lamentable o PP premie os alcaldables que non queren no seu pobo como alcaldes, dándolle a praza de deputados, e tamen que o BNG poña como diputado de cultura a un home que non da a talla para ese posto (con todos os meus respetos hacia esa diputado, que teño entendido que é unha excelente persona)

jotavaladouro dijo...

Un non pode estar de acordo con todo o que fai o seu partido politico. Descoñezo quen e o dipudado de cultura, o que estou e profandemente defraudado coa conselleria do BNG de cultura, o feito de ter parado a cidade da cultura pareceme impordenable, e non me vale ningunha disculpa.

layla dijo...

Eso denota que eres cabal, porque tu sabes que hai xente que se pon debaixo dunhas siglas, (PP, PSOE, BNG) e todo o que fagan ou deixen de facer está ben. Casi como si falásemos de fútbol, non son políticos nin teñen tal ideoloxía, son hinchas. E a política é outra cousa. Son os distintos camiños que distintas persoas teñen para chegar ó mesmo sitio, o ben común. Tu crees que para chegar á mellor situación para o pobo do Valadouro son mellores estas estratexias e camiños e eu poido creer que son outras. Pero eu non son do PP, eu non son de naide. Son de min mesmo. E critico as malas accións do PP como as dos outros, en algun comentario digo que non se fai boa oposición ó goberno. Pero como tu dices, o responsable principal é o que goberna, polo tanto a crise e responsabilidade do Psoe, non do petróleo, e que o único AVE que temos en galicia sexa a ave dos pitos, é responsabilidade do PSOE e mais do Bipartito galego. A culpa do PP, é non saber renovarse e facer unha oposición como dios manda, e mira que llo están poñendo fácil coa desastrosa política económica, de exteriores, de inmigración etc que se está facendo.
Pero, que lle vamos a facer, temos o que merecemos...