Resulta que o noso presidente, deulle a idea a Sarko para que montase unha reunión para rediseñar o sistema capitalista occidental, e este gabacho, róuballe a idea e non o invita á xunta!!! Que panda de desagradecidos.
Desgraciadamente, esto é o que conta o presi, pero resulta que a realidade é que a reunión xa estaba organizada (como se lle escapou a Berlusconi nunha entrevista unha semana antes de que se tirara da moto ZP) e o presi quíxose apuntar un tanto que non lle correspondía, cousa que por outro lado dáselle bastante ben, pero que esta vez non saiu ben. E non o chaman, porque eso de que xa pasamos a Italia e que Francia está acongojada porque lle vamos pasar en breve, só o pensa (e ainda o dubido) o propio ZP.
E claro, pensa que ó decilo en USA, non se van a enterar aquí, e tamén pensa e os americanos, que terán todo os males do mundo pero son os que mandan no cotarro económico, xa lles esquenceu o de Irak. Ou pensa que a política exterior dun pais e algo tan lixeiro como o quere facer Moratinos, que se permite pasar polo forro os acordos dun goberno anterior, ou que se pode decir hoxe arre e mañá só.
Estos paises enseñan.
A ver si somos capaces de aprender algo.
Pero por ahora teremos que aprender desde a grada, porque ó escenario, non nos deixan subir, por moito que diga ZP, que somos a envexa do mundo polo noso sistema económico. Ahí está a realidade, dura e claramente descrita co portazo nos fociños que nos déron.
que desagradecidos...
miércoles, 22 de octubre de 2008 | Publicado por layla en 20:03
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario