E quen ven sendo este? Pois este jicho é unha especie de vidente da economía mundial, leva varios anos batallando contra o mundo financieiro e vaticinando a gran crise que ahora estamos vivindo.
Cando o dixo naide lle fixo caso, e ahora empezan a facerllo (mais ou menos como a Pizarro).
De todas formas, e como xa escribin aló por Abril, o de este pais estaba visto (e aquí voume poñer unha medalla, e soltar aquelo de 'xa o decía eu'), pero o da crise financieira mundial é fariña de outro costal. Non estaba tan claro, pero este profesor da universidade de Nueva York soubo velo, e por tanto merece o recoñecemento que ahora está tendo. Dentro deste repentino recoñecemento, está estos dias dando unha conferencia en Madrid, e entre outras cousas (recomendo leer toda a entrevista, que por outro lado non é mui larga), di o seguinte; "En España, la recesión será más dolorosa, la burbuja inmobiliaria ha ocultado los problemas de falta de competitividad, los avances en productividad son aún más débiles que en Italia, Grecia o Portugal"
Ollo ó que di o pavo este, porque esta frase é demoledora. Ven a certificar a tesis da oposición e a reafirmar a teoría de Pizarro (el denostado), que se leva moito tempo sin facer os deberes, que este pais vai á ruina por culpa de unha falla de competitividade tremenda, e a construcción, lonxe de ser a culpable, é a cobertura que estivo tapando este defecto nos últimos anos.
Un de estos días, na radio houbo un programa dedicado ás baixas médicas, onde a xente chamaba para contar as suas fazañas para poñerse de baixa uns dias. Oín cousas verdadeiramente indignantes, pero esto faise coa complicidade dos médicos que permiten todo este fraude ás empresas e ó pais. O goberno sabe todo esto, pero non fai nada.
Tamén estos días, vimos unha das desfachateces mais grandes que vin en toda a miña vida, a protesta dos funcionarios de Vilagarcía que esixen un sobresoldo de 1000 € para cumplir co horario que lles corresponde. E non para ahí a cousa, resulta que UGT vai poñerlle un recurso contencioso-administrativo ó concello!!!. Para mexar e non botar gota. Esto si que é defender os dereitos dos traballadores. Algun dos que cobra mil euros por facer cuarenta horas, tiña que borrarse ipso-facto do sindicato. O goberno sabe que os funcionarios son unha caterva de folgazáns (falo en termos xerales) que nos tratan a patadas ós que pagamos os seus soldos, e non fai nada por metelos en cintura. Ó contrario, cada vez hai mais.
A xusticia de este pais, é lenta, exasperadamente lenta, non se sacan os xuicios adiante e para que resolvan un contencioso por impago tés que esperar 3 ou 4 anos, cando a empresa ou persoa que impaga xa tuvo todo o tempo do mundo para poñer ás suas pertenzas a bo recaudo e declararse insolvente. O mesmo si te estafan, ou unha parte cumple co contratado. Esto merma a competitividade de todas as empresas. Estos días veuse como se protestaba, por puro corporativismo, polo castigo dunha funcionaria que non cumpleu o seu cometido, pero non vale protestar ahora. Si estaban vendo que esto pasaba, por qué non saíron a protestar o ano pasado para pedir melloras no funcionamento dos xuzgados?. O goberno tamén sabe esto, e tampouco fai nada.
A media de pago dos efectos comerciales en europa está en 28 días, en España pasa dos 90 días, esto tamen é unha carga económica para as empresas, xa que ten o triple de gasto en financiación e cobertura de riesgo unha empresa española que unha alemana do mesma dimensión. Esto tamen o sabe o goberno e tampouco dí nada.
Todo esto, e outras cousas que suceden neste pais, como unha deficiente educación, un nivel de vida ficticio, unha lexislación que favorece ó delincuente e un sentir xeral de que o que defrauda é listo, e o que rouba moito merece simpatía, levan este pais costa abaixo sin freos, e si ainda encima lle poñemos a crise financieira encima, pois que queredes que vos diga...
Onte contestáballe a Orlando (ver comentarios á entrada "a clase política e os demais") que pouco podía facer un goberno municipal para favorecer as empresas mais que facilitarlles o solo, pero un goberno nacional sí que pode facer moito si quere, por exemplo correxir os problemas comentados anteriormente.
E eso é o que hai que criticar, a ineficiencia e caradura dos políticos que se estiveron abrigando á boa sombra da construcción cando quentaba o sol, e ahora lle botan a culpa de que chova.
Ollo, os que gobernan ahora en maior medida e os de antes en algo menos (polo menos os indices económicos eran bós).
Os únicos que non teñen culpa son os do BNG, porque como nunca gobernaron... pois non hai moito que decirlles.
Bueno, algo si, que gobernan a carteira de urbanismo, e conseguiron facer de esta un caos que está paralizando a construcción no rural galego, e que conseguiron encher a costa de Barrreiros de esqueletos de dinosauros de formigón (e ainda encima sin razón, xa que os xuzgados estalles botando todas as paralizacións para atrais, que devengan indemnizacións millonarias. Adivinades quen as vai a pagar? Pois si, os de sempre, nós.) e a carteira de industria non vai moito mellor despois de que multimillonarias inversións de Pescanova se fósen a Portugal xa que a Xunta lles puxo un cento de problemas. Por non falar das numerosísimas empresas do entorno de Vigo que se foron ó outro lado da raia agobiados pola falta de solo industrial.
Así que, vendo en maus de quen estamos... é mellor comprar un casco, mentras ainda nos queden uns euros.
Nouriel Roubini.
sábado, 25 de octubre de 2008 | Publicado por layla en 17:36
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Ola, penso que estás equivocado cando falas de quen leva Urbanismo na Xunta de Galiza. Pois a Direccion Xeral de Urbanismo, pertece á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, cuia Conselleira é María José Caride Estévez, do PSOE e non do BNG. Un saudo.
Tes un erro nesta entrada. Urbanismo na xunta depende da conselleria de obras publicas, que na xunta de galicia levaa o PSOE. O unico atribuilble o BNG no caso de barreiros e a peticion por parte do grupo municipal de Barreiros de que o urbanismo que habia en Barreiros non era o correcto, e eu sinceramente creo que tiñan bastante razon, por que destrozaron Barreiros
certo, foiseme o dedo coa emoción, :)
Non obstante, cambiado de partido, sigo pensando o mesmo.
Publicar un comentario