Acabouse a pantomima, o tema xa non daba para mais e non quedou mais remedio que admitir a realidade. Estamos na peor crise da historia moderna da economía española. Xa o sr. Solbes decideu que os españois estabamos suficientemente preparados para asumir a verdade. Ahora, con un ataque de sinceridade encomiable, di que fai ainda non tres semanas, onde dixo que íamos a crecer un 1% non é tal si non que imos para baixo un 1.6%. Non está mal en quince dias.
Debeu de ir a algun cursillo.
Bueno, para resumir un pouco e poñer en términos que se poidan entender, qué nos dixo o ministro?
Pois dinos por un lado que o paro vai chegar ós 4 millóns de penitentes. Vale, esto (e voume poñer unha medalla) xa o dixen eu fai dous meses. Pero o importante non é o número, si non a consecuencia que vai ter nas contas. É facil deducir que si hai mais paro hai menos xente traballado, a non ser que se incorporen traballadores foráneos, que daquí para diante non creo que veñan. E somos campeóns mundiales de destrucción de emprego, de maneira que en marzo estaremos despedindo todo os postos creados dende hai 18 meses. Menos traballadores= menos ingresos=mais gasto en prestacións=mais deficit para a conta do estado. E decir, teño que endeudarme mais para poder pagar este desequilibrio, ou quitar de outra cousa para poder pagar esto. Desgraciadamente non se vai quitar de funcionarios inútiles, nin de coches oficiales (temos mais coches oficiales en España que en todo EEUU) nin de gastos innecesarios como o despilfarro das CCAA ou de todos os asesores, asesorcillos, correveiriles, chupatintas e abrazafarolas postos a dedo por ter carnet de partido (ollo, todos os partidos). Non se lle vai decir a Cataluña nin a Galicia que non poden facer política internacional, e que polo tanto non gasten un peso en viaxes electorais a Sudamérica, nin manden cartos sin xustificación para aló. Nin se vai acometer unha reforma a fondo das administracións públicas co fin de mellorar o seu funcinamento e reducir o seu gasto. Non, endeudarémonos mais e tiraremos para diante.
Xa que estamos, vamos a falar un pouco dos funcionarios e das autonomías. Ollo non me interesa falar de si autonomías si ou autonomías non, solo quero falar de canto nos custan. Vale, pois resulta que a población de este pais medrou un 12% entre o ano 1998 e o 2007. Sabemos que en estes anos se produce un adianto na informatización mui importante e polo tanto o procesamento de datos (que é básicamente o traballo dos funcionarios) debe axilizarse e necesitar de menos personal. Asi que cantos funcinarios tería que haber a finais do 07? En boa lóxica parece que os mesmos, mais ou menos porque entendemos que absorberan co incremento tecnolóxico o aumento de traballo. Pois non, aumentaron un 22%. En este periodo de descentralización o goberno central perde o 33% dos traballadores (+- 267.000) que se transfiren as comunidades, que aumentan un 92% o seu personal!! ( +-623.000). Ademais os funcionarios autonómicos, non se sabe mui ben por qué, cobran mais que os estatais. Se facemos unha conta rápida, resulta que en España había no 3º trimestre do ano pasado 20.346.000 personas traballando (non vamos descontar os que se foron ó paro dese entonces, e había 2.582.000 funcionarios no 2007 (ultimo dato que temos, é de supoñer que desde aquela medraron mais), pero ainda así, sáenos unha tasa de 7.87 traballadores por funcionario. Todos sabemos os privilexios que teñen os funcionarios en soldos, condicions laborais, pouca productividade etc. A pregunta é mui sencilla. Qué pais pode soportar esto?. Mire ó seu alrrededor, busque outros sete compañeiros de traballo e pense que do seu traballo, do seu esforzo diario, sale o diñeiro para pagar o funcionario de turno, que entra unha hora tarde, sae unha hora antes, e non ten ningún tipo de presión productiva. Ahora xa non nos é tanto igual non? E que non se me olvide puntualizar que está pactada unha subida salarial para o ano próximo dun 3.8% (que casi triplica o IPC), non vaia a ser...
Recapitulando, temos mais gasto e como non temos o que hai que ter para reducir gasto, mais deuda.
Pois ben, a nosa deuda, ahora non é tan segura como antes. Viñeron os de Standard&Poors, e dicen que a deuda de España xa non é tan segura como antes e que cuidadín con estes españolitos que son mais peligrosos que un mono con pistolas. Evidentemente, ZP dice que non teñen nin p. idea pero a broma costounos un 17% na emision de deuda, é decir, tivemos que dar mais intereses para que a xente quixera deixarnos a pasta (do 4.194 % ó 4.847%). O resultado das políticas económicas do goberno son que ahora mismo está cotizada como mais segura a deuda de BBVA, Santander ou Telefónica que a do estado Español como indican os CDS (Credit Default Swaps, que en cristiano veñen a ser os seguros que cubren o riesgo de impago) que son outros que tampouco teñen nin p. idea, segun o presi.
Que conste que o presi fala así de estos organismos de control internacionais, desde a autoridade que lle otorga o seu saber facer e a gran visión que demostra este executivo con respecto a asuntos económicos.
Poucas bromas con este tema, si temos que pedir mais pasta, e o que no la ten que dar cree que hai algun riesgo de que non a podamos devolver, os intereses disparanse, e cada vez temos que pagar mais.
Volvemos a recapitular, temos mais gasto que temos que pedir a outra xente que ademais cóbranos mais pola pasta que lle pedimos. Vamos ben.
Tamen nos dixo o ministro que no 2010 creceriamos un 1.2% e no 2011 un 2.6%. Os analistas internacionales (Funcas e a Comisión Europea por exemplo) dicen que nin de coña, que menos da mitade, e diceno antes de coñecer os datos de Noviembre e Diciembre, que son devastadores. Moito peores do que contaban, pero non hai problema, porque estos tampouco deben saber moito.
Así, que como podedes ver, imos de cine, e mentras tanto os sindicatos manifestanse polo tema de Gaza, porque claro, todo o mundo sabe que a labor dos sindicatos é esa, a e velar pola xusticia internacional e a Alianza de Civilizacións (si é que ainda existe).
fóra careta
sábado, 17 de enero de 2009 | Publicado por layla en 9:07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
http://www.facebook.com/ext/share.php?sid=45120069490&h=mVbtR&u=MtSFX
si busco, encontrarei todo tipo de opinións que xa decian esto fai 1, 2, 3, 4, 5, ou mais anos. Algunhos con mui boa pluma como o sr. Perez Reverte, o cal é unha lectura obrigada para min todo-los domingos, porque anque non manexa datos económicos, manexa algo moito mais complicado, o sentido comun.
Está claro que esta crise financiera internacional se produce pola desaforada avaricia de algunhos. Pero non solo dos brokers, tamen dos inversores, que lles daban uns rendimientos mui superiores ó que podían gañar en inversións normales de banca. E o timo da estampita, a túa avaricia lévate á perdición.
Pero hai outra crise que ZP quere camuflar na internacional, a nósa, a propia crise que non ten nada que ver cas finanzas internacionais, e que está producida pola falla de productividade de este pais, que ten que ver con que dilapidamos fondos europeos en trapalladas en lugar de invertir en infraestructuras, e volvemos ahora co plan dinamizador do goberno, dámoslle cartos os concellos para que os gasten no que queiran. Esto non é asi, confundimos despilfarro público con gasto público, deberíamos invertir en fondos productivos, en infraestructuras que sirvan para impulsar a economía real, non en amañar aceras, facer unha pista para monopatíns ou areglar a casa da cultura (son exemplos inventados). Non seria moito mellor coller todos os cartos que se deron ós concellos da zona e metelos no corredor ou en facer público o muelle de alcoa? Algo que nos impulse, non pan para hoxe e fame para mañá.
Publicar un comentario