vivir do aire

Esto é o que lles decían ós nosos veciños do Pereiro cando lles puñeron as primeiras veletas, tomábamoslles o pelo decíndolles que ían vivir do aire. Aquelo que parecía unha aventura rara tornouse nun negocio millonario, unha tallada mui importante para o que parte e reparte o pastel.
E resulta, que mui habilmente o BNG, por darlle a poltrona a Touriño, entre outras consellerías mui interesante quedouse coa de industria, a cal é a responsable do reparto eólico (din as malas lenguas que cando se deron conta de este tema había algún dirixente socialista que lle fixeron comer a rosa con espiñas e todo).
E despois de moito deliberar, por fin repartiron. E bueno, non se pode decir que estos rapaces do bloque non sexan sabios, si é que esto de rectificar é de sabios. Porque rectificar, rectificar, rectificaron largo! Dende aquelas declaración de tono verde ecoloxista en canto á saturación e ubicación dos parques eólicos, ó que finalmente nos presentaron antonte... vai un tramo largo.
Fíxate tu, que en só catro anos de goberno poñen mais eólicos en zonas protexidas que os retrógrados arrasa naturezas do PP nos tropecentos anos que levan gobernando en Galicia con maioria ABSOLUTA. Eso chámase rectificar con un par.
Pero ollo, non critico o plan en si, que nin estou capacitado nin me apetece, creo que si o fixeron así estará mais ou menos ben e favorecerá algún peto mais que outro, pero creo que hai que potenciar as riquezas que temos e si o vento é unha de elas, pois adiante, que xa se ve o que pasa cando dependes de enerxias alleas (véxase petroleo arabe o gas ruso). E tampouco creo que os aeroxeneradores sexan tan agresivos co medio ambiente. Bastante peor é a térmica das Pontes e ahí está.
Pero xa veremos en que da esto, porque creo que non vai quedar aquí, ha de ter algo mais de polémica, sobre todo tendo en conta que as eleccións están a tres meses vista.

4 comentarios:

don pinpon dijo...

Estes do BNG sonche moi listiños...ainda que a veces saelles o tiro pola culata.

E se non... que me decides disto.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/01/06/0003_7442572.htm

A noticia tal cual, según La Voz de Galicia.

Isto sí e demagoxia. Isto sí é manipulación. Isto sí é ter tragadeiras.

Tanto o BNG coma o PSOE empregaron perfectamente esta arma para facer "política da mala a costa de todo".

E agora que,naida dí nada. A verdade e que BNG e PSOE teñen sorte. Mais ben que sorte, diria eu que manexan o cotarro de p... madre.
Teñen a todos caladiños.

Non sodes o BNG e o PSOE os partidos liberais, progresistas? Ai ai ai, cantos parabrisas habería que romper coa bandeira de NUNCA MAIS para borrar toda ese lixo que se verteu no seu día á opinión pública.

Conseguírono, pero ollo, a xente non é tola e non olvida. Nin parva.

jotavaladouro dijo...

Respecto a noticia da voz de galicia non e mais que o estado protexendose da posibles demandas. Hai que esperar o que diga a xuiza.

En todo caso que non existan responsabilidades xudiciais non quere decir que as cousas se fixeron ben ou que non haxa responsabilidades politicas.

O do prestige foi unha chapuza que convirtui un incidente nun autentico desastre. Foi unha chapuza dende a orden de alonxar o petroleiro, os "hilillos de plastelina" (noutros paises un erro como o dos hilillos costache o posto, aqui o simpatico chavalote quere chegar a presidente, manda carallo, despois de ser o protagonista do prestige agora atrevese a pidir a dimision da ministra de obras publicas), a xestion inicial da contaminacion, etc.....

layla dijo...

Vale, vale. xa estamos co prestige outra vez. Temos prestige para rato. Co p*t* barco tedes disculpa para todo. Haber si algunha vez superades o feito de que o goberno meteu a pata e vosoutros estábades ahí para apropiarvos da carroña. Eso xa foi. Onde están os vósos méritos como gobernantes e non como opositores? En qué impulsastedes o tecido industrial de galicia? en acuicultura? porque pescanova levou a Portugal a súas millonarias inversións porque estaba farto de pelear con catro verdes radicais. Eses verdes que ahora non aparecen. Solucionastedes o de Ence en Pontevedra? E a termica das Pontes? En realidade qué se fixo? Cales son os méritos?.

don pinpon dijo...

Jota
Non acabo de estar de acordo ó 100%. Comparado co que actualmente está a pasar coa política económica do PSOE e o que din, e desdícense, e volven a decir, e rectifican, e...en definitiva, xogan con todos nós, sen que ninguén lles diga nada (ainda máis, apoiando ó PSOE para aprovalos presupostos) o dos "hilillos" queda en mera anécdota. Pero daquela interesaba e agora non. Xa o dixen varias veces, a ver o que recibimos a cambio. De momento, para Galicia, paro e pobreza.