Pois, si, xa vedes, que co novo ano, e gracias á colaboración desinteresada dun lector, temos nova imaxe, mui moderna.
Pos hala, felicidades a todos e espero que este ano vos vaia a todos mui ben e vos traian moitos regalos os reis, porque o que é o goberno, non vos vai deixar nin a merda do camello, con perdón.
Ano novo, novo look!
sábado, 3 de enero de 2009 | Publicado por layla en 19:45
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
12 comentarios:
Feliz ano a todos!!
Gustame esta nova imaxe. Mais progre, mais cool, mais snob, mellor. Desta maneira a xente sentirase máis cómoda e identificada.
Se chegara Vd. a poñer a bandeira de España ou o torito, meu deus, ía directo a prisión. Ademáis, mentiría e non diría a verdade, pois hoxe en día de España queda pouco e están a rexurdir as GALIZAS, EUSKALHERRÍA, CATALONIA... Sí oh, moito mellor.
Eu só digo que xa nos votaremos as mans á cabeza cando os nenos de hoxe en día teñan problemas para falar cun rapaz de León, ou cando, !non fai falta ir a Madrid eh! en calquera cidade de España se sintan impotentes de poder expresarse correctamente. Todo porque uns cazurriños lles obligaron a educarse EXCLUSIVAMENTE en galego. E resalto o de EXCLUSIVAMENTE, porque desgraciadamente é o que está pasando.
Dende o meu punto de vista, este problema é unha arma dos políticos nacionalistas para ter dominada á poboación, para que non teñan máis miras que as da súa comunidade autónoma, e cando saian dela, pola corda... co político de turno que o represente. Así, asoballados, sumisos, ó rego...
Meu Deus, que xentiña.
De novo felíz ano e que os reis se porten ben!
Que colexio coñeces que eduque exclusivamente en galego?
Cantos chavales coñeces que non se sepan expresar en castelan?
Creo que o problema do castelan e ficticio, e mentras estamos con esa tonteria, olvidamonos do verdadeiro problemas, que e que o sistema educativo non permite dominar o ingles nin outras linguas.
Finalmente, e sin animo de ofender, sempre que escoito opinions como a de don pinpon parecenme algo paletos, o mundo non acaba no miño nin nos pirineos, e do que hai que preocuparse e de que o sistema educativo permita a xente moverse polo mundo, e iso inclue dominiar o galego, castelan, ingles e incluso outro idioma, e hoxe en dia donde fallamos e no ingles, non e no castelan.
non non se acaba no miño nin nos pirineos, algún quere que se acabe en ponferrada.
Eu non estou en contra da educación en galego, pero si de que segun o novo plan de educación, que sin duda coñecerás, limita o uso de castelán a tres marías. E o ingles segue sin aparecer. Todos sabemos falar galego, pero a este paso non saberemos falar castelán, o cal é unha pena. E non digas que esto non existe. Si existe, eu teño uns amigos en Mallorca, dous irmans de 35 40 anos aprox. que casi non saben falar en castelán, teñen que mirar un para o outro para buscar as palabras en castelán que non saben. Tamen coñeces os problemas incluso sociais que a inversión linguistica está provocando en Cataluña, eso sábese como empeza, pero non como acaba. Alí xa non se pode facer nada en castelán, ten que ser todo catalán, o cal limita o poder traballar normalmente ós que coñezan o idioma. É decir, tu, si queres montar un negocio en Tarrasa, primeiro has de aprender o idioma para poder ir ó concello. Eso si que é paleto, rexeitar o de fóra porque non somos nós. Non sei tu, pero eu non quero eso aquí. E sin duda o problema non é o castelan si non o ingles, non se trata de restar si non de sumar. Pois sumemos, pero non vos carguedes un bilinguismo perfecto.
Non te preocupes Jota, non me ofendo co de paleto.
Pero creo que non estou tan lonxe da realidade oh!. Quero pensar que falas con coñecemento de causa. Eu neste caso, sí. Estou moi acostumado a ir de viaxe con amigos meus que teñen verdadeiros problemas para expresarse igual en galego que en castelán. Xa non é cuestión de saber ou non. E cuestión de expresión, de comodidade co idioma. E os nenos de hoxe en día van a encontrarse todavía máis incómodos cando teñan que usar o castelán. Porque, mal que che pese, van ter que usalo, e non tan lonxe das súas casas.
Respecto á educación, está claro que cada vez acotan máis o castelán. Eso está claro, ainda que non o queiras ver así.
Co galego nas institucións públicas, pareceme unha vergoña que para poder traballar na nosa comunidade hai que ter o cursiño de galego de marras (por certo, feito para facer caixa, porque aprender e poder usalo...).
Quería tamén recordarche que en Cataluña obrigan, OBRIGAN, a poñer os anuncios nas tendas en CATALÁN.
Esto é a realidade.
Como di layla, tratase de sumar e nunca de restar. Co do ingles, creo que con PSOE e BNG no goberno pouco pode cambiar a cousa. Pero esta é unha opinión, coma o resto, persoal.
Dialogando con Don Pinpon:
Si queres ver cal e o problema de verdade pensa o seguinte: cantos pais mandan os seus fillos a clases de castelan por que consideran que os seus fillos non lles ensinan suficiente castelan na escola? Cantos pais manda os seus fillos a clases de ingles polo mesmo? Creo que esta claro cal e o problema que os pais detectan.
Respecto o cursillo de galego a min o que parece e que e ter moita cara queixarse pola esixencia dun curso de galego para traballar en galicia.
En primeiro lugar pola discriminacion que supon, e decir, si un traballa na empresa privada (mira un domingo as ofertas de traballo) podenlle pedir o idioma que queira (ingles, frances, chino, etc...) e a ninguen lle parece mal (a min tampouco) pero si un e funcionario ou a algen que quere ser funcionario e lle piden saber galego, iso e pasarse, pobriños funcionarios, que lles esixen o mesmo que a xente que traballa na empresa privada, donde se veu iso, os funcionarios son un elite o que non se lle pode esixir o mesmo que se lle esixe o resto dos mortais. Esixirlle a un funcionario que sepa galego en galicia,por favor,pobriños funcionarios.
En segundo lugar tes que elexir entre duas opcions.
1) un cidadan pode dirixirse a administracion no idioma que queira e enton temos que esixir os funcionarios que dominen os idiomas que existen nunha comunidade.
2)os funcionarios non deben dominar os idiomas que son oficiais nunha comunidade e o cidadan debe expresarse non idioma que lle indique o funcionario.
Eu teño claro a opcion que prefiro.E ti?
Respecto o de Cataluña saeu un estudio, agora non me lembro donde o lin, que di que os comerciantes estaban obrigados por unha lei a empregar o catalen en certos casos e 90 e pico leis que obrigan a empregar o castelan. Si a lei obriga a empregar o catalan e unha inxusticia, a lei que obriga a usar o castelan (por exemplo no etiquetado) non e igualmente discriminatorio.
Jota.
Volvo ó mesmo, e que debo ser un pouco duro de cachola.
Os pais dun neno non deberan buscar fóra da educación pública diversos coñecementos para o seu fillo. Como ben dis, a maioría deles levan o fillo a clases de ingles. E dentro de nada vanos ter que levar a clases de castelán, xa verás. E isto supon un coste económico bastante elevado.
No meu modo de ver queremos taparnos os ollos, ou que os que no los tapan son moi intelixentes. A realidade é que hai unha gran cantidade de rapaces ós que lles custa moito expresarse correctamente e fluidamente en castelán. Eso eche así, como que hoxe hai máis parados que onte. Eche así.
Respecto ó do galego na administración, creo que non me acabo de explicar ben. Un opositor a funcionario que o queira facer por exemplo en Madrid debe aprender n cousas para pasar os exames. E o mesmo, para o mesmo posto, que vai para Lugo, n+1. Entendo que sexa para entenderse mellor coa xente, pero a mín sí me parece discriminatorio. Se todolos galegos soubesen perfectamente o castelán, se son atendidos por un madrileño ou catalán ou leonés na ventanilla da Xunta, e éste non soubese galego, non habería problema.
Para mín o que sí existe é unha imposición do uso do galego. E esta imposición en Galicia nunca a houbo, ata que chegou este goberno. Perdón, rectifico, xa na época de Fraga toda a documentación administrativa se puxo en galego, cousa que ó meu modo de ver está mal.
Pero agora xa soa a canción a imposición, a mellor e peor. E todo esto o que fai e debitar e dividir. E con estes fins son cos que eu penso que actúa o actual goberno galego.
Pero como se pode decir que pedir coñecementos (o dominio dun idioma) e discriminar, iso e o colmo. Tamen e discrinar pedir que os medicos sepan de medicina?. Poderache parecer ben ou mal, pero decir que e unha discriminacion que nunha oposicion pidan mais ou menos coñecementos e o colmo.
Eu repito a pregunta que che fixen antes. Eu so vexo tres opcions (aumenteinas)
1) que os funcionarios sepan galego
2) que se contrate un exercito de traductores
3) que so se prohiba presentar documentacion en castelan na Xunta, concellos, etc... sendo obrigatoriamente na relacion dos cidadans coa administracion o castelan.Asi non e necesario que os funcionarios sepan galego.
Dado que a primeira opcion non che parece ben, non creo que estañas pola labor de contratar mais funcionarios como traductores teño que entender que o queres e prohibir que o galego se use na administracion. E tamen debemos saludar co brazo en alto o entrar nos edificios da administracion ou chega con prohibir o galego?
Ainda a riesgo de meterme onde non me chaman...
Tamen penso, coma jota, que o funcionario que traballe en galicia ten que saber galego, pero pareceme discriminatorio o facelo previo á contratación, anque esto ven dado polo sistema de funcionariado en si. E voume explicar, penso que se debería facer a selección por coñecementos, para que teñamos os mellores (non os mellores que falan galego) medicos, tecnicos, etc, e unha vez seleccionados darlle un plazo para aprobar o curso de galego ou perder a praza. Si non, arriesgámonos a non coller os mellores no seu traballo, xa que saben que terán traballo (por algo son os mellores) e non se arriscan a facer un curso para presentarse a unha oposicion. E tamen distinguiría entre xente que está cara ó publico, e técnicos mais cualificados que están en labouras mais específicas. Por exemplo, porque ten que falar galego un enxeñeiro que diseñe un sistema de alerta de incendios por satélite? Non será mellor contratar ó mellor preparado anque non sepa galego? (nin castelán, si me apuras).
Señores
Non fagamos demagoxia co do puño en alto, que ninguén fala desto. Mais ben, creo que sempre que se fala destes temas se sae pola tanxente de "fachas". Esto é moi típico na xente de esquerdas.
O único que quería comentar é que precisamente, como dí layla, as obrigas de coñecer e dominar o galego serven como ferramenta para acotar os accesos ós postos de traballo. Nunca direi que un funcionario ten que falar só en castélán. Nunca direi que "fora o galego". O que sí digo é que non se debe usar como se usa hoxe en día, como un artiluxio de selección.
No comentario de layla, co de aprender o galego post oposición, e unha postura bastante acertada. Podería ser obrigatorio aprender galego nun posto administrativo, pero ó meu modo de ver nunca emplealo como indispensable para acceder ó posto, nin servir como método de selección. Por eso sigo mantendo que é discriminatorio comparándoo con outras comunidades. Exemplo: para opositar en Zamora esixen Matemáticas, Fisica e Química. En Galicia, sería Matemáticas, Física, Química e Galego. A min sí me parece discriminatorio! Que queres que che diga! Que obrigen a sabelo despois de ser aprovado.
Jota, só unha aclaración, nunca confundir o privado co público. No privado, un empresario pode pedir chino, alemán, polaco... e se me deixas facer o pino. Él saberá o que fai. No público, a cousa cambia. Teóricamente, ainda que vemos que na práctica non ocorro, o público somos nós.
"Creo que o problema do castelan e ficticio
Si queres ver cal e o problema de verdade pensa o seguinte: cantos pais mandan os seus fillos a clases de castelan por que consideran que os seus fillos non lles ensinan suficiente castelan na escola? Cantos pais manda os seus fillos a clases de ingles polo mesmo? Creo que esta claro cal e o problema que os pais detectan."
Entrecomillo porque son palabras sacadas dos comentarios de JOTA.
Despois da manifestación de fai algunhas semanas, creo, sempre dende a miña perspectiva paleta, que o problema existe. E sobre todo existe, porque a esta xente se lle intentou amedrentar mediante amenazas e agresións.
Viva a libertade de expresión!!
O problema existe e eche ven real. Cada vez irá a mais, e eche una pena. Pero polo que vexo hai moita xente que se sinte contenta así. Dame a impresión que hai certos políticos e correntes que o que queren é poñer angarellas a poboación, para que anden a rego. De novo viva a libertade!!
Don Pinpon, a realidade e estaruda, pero polo que se ve ti non deixas que a realidade che estropee un bonito titular
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/02/17/0003_7534191.htm
Jota Espinete.
o único que fai o titular é darlle a razón a don pinpon, efectivamente a xente apuntase a clases de ingles porque o necesita, e non se apunta a castelán, porque por ahora non lle fai falta, porque somos perfectamente bilingües. A clases de galego, só se apuntan os que queren o título (os puntos que dan o título) para optar a algunha praza oficial.
Polo tanto todo está ben, só hai que poñer mais ingles. As cooficiales están ben como están.
Non revolvades o que funciona ben.
Publicar un comentario