Gañou Feijoo. E gañou ben. Amplia maioria, gran participación, victoria incontestable. Enhoraboa.
A ver si ahora cumple co prometido. No seu programa levaba cousas mui interesantes, como a contención de gasto público e a austeridade na administración (non son o mismo).
Pero aparte do que vaia a facer ou non, que para esto haberá que esperar, podemos falar dos resultados. Parece que a xente no é parva de todo. Non traga con todo, e sabe quen non resolve os problemas, chegaron catro anos para sacar a careta, parafraseando ó sr. Marrube ó que non me vale a pena contestar sobre das declaracións do outro día, só catro anos para poñer enriba da mesa quen é quen.
A escasa audiencia de este blog puido comprobar que durante a campaña, prácticamente non houbo entradas, non é que non quixese influir, non son tan imbécil como o semi-humano que dixo que non se pronunciara sobre Obama para non influir nas eleccións de EEUU (pobre...) simplemente non estou afiliado a ningún partido e non teño porque traballar para naide, só defendo as miñas ideas, e o que gañe algo coa política, que traballe por ela. Eu teño as miña forma de pensar e uns están mais cerca, outros mais lonxe, e outros están nas antípodas ( o outro día por exemplo, esquerda unida decía nun mitin, entre outras cousas, que a solución para sair da crise era a xornada de 35 horas, que había tecnoloxía dabondo para soportala, e tan anchos se quedaban. Eso sí, había trinta no mitin).
A falta de eficacia do goberno central para encarar a crise (a negación valeulle temporalmente para superar as eleccións xerais, pero esto estallou definitivamente) o retraso inexcusable das obras do AVE, a desfeita urbanística da Sra. Caride (matar moscas a cañonazos, é unha desfeita) os abusos do BNG na materia dos empregos dactilares e o tema eólico, a inoperancia xeral do goberno Touriño, a progresiva e imparable deterioro e radicalizacion da vida política galega tiñan que pasar factura mais tarde ou mais cedo. E foi mais cedo. Creo que é un caso paradigmático de bipartito de vida corta. Penso que en ninguha outra comunidade se deu un goberno bipartito de tampouca existencia temporal. Deberían reflexionar.
Ahora esperemos que estes o faigan mellor. Pero tamén estaremos aquí para velo. De todas formas este Feijoo parece (ollo, parece) un tipo serio, que sabe o que hai que facer, polo menos ten experiencia en lidiar con grandes organizacións e semella que non lle tembla o pulso á hora de tomar decisións. Como él di, chegou a hora, ojalá non nos defraude.
Falaron as urnas.
lunes, 2 de marzo de 2009 | Publicado por layla en 8:16
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
21 comentarios:
Non jota non. Eso sabes que non é certo, hai un 60% de renovación nas listas. Pero ainda que así fora, a Galicia do bipartito, mal que che pese, era moito mais parecida á ultima parte da galicia de Fraga do que tu quixeras, por eso pasou o que pasou.
Os dous pobos (USA e Galicia, salvando as distancias) pediron un cambio, Obama parece que llo está dando, aquí non o houbo, foi mais do mesmo, pero con outro cor. A peor versión do Fraguismo, non o a primeira vigorizadora, renovadora e potente, si non a decadente, amiguista e caciquil do final, tivo continuidade co goberno Touriño-Quintana, e eso quedou refrexado. (o peor resultado do BNG dende o 2005 e despois de gobernar!, non lle botedes a culpa os que votan, mirade dentro a ver que pasa...)
perdon cando decia o peor resultado dende 2005 quería decir dende 1993, que non é o mesmo...
Vaia por diante que é o teu blog e tes todo o dereito do mundo a facer o que queiras con el e a suprimir os comentarios, pero para futuros comentarios e non saltarme as normas do blog. ¿Por que eliminaches o meu comentario?
este comentario eviao jota, a dirección de alfozliberal@gmail.com e simplemente a resposta é que como son mais torpe que un arado de vertedera para esto da informática, quixen modificar o meu comentario para correxir a fecha do 2005 pola do 1993, e non soupen, despois quixen borralo, para escribilo de novo, e tampouco soupen, así que escribin unha rectificación. Pensei que non pasara nada e o que en realidade pasou, foi que borrei accidentalmente o comentario de Jota.
As miñas disculpas. Non quero que se pense baixo ningún concepto que estou censurando opinións políticas de ningún signo, xa dixen que solo eliminaría as que fosen insultantes ou ferintes contra persoas.
Jota, rogaríache que volveras a enviar o cometaro para que quedase rexistrado, e reitero as miñas disculpas.
Ejem ejemm...
Despois desta resaca electoral eu creo que o menos que hai que dicir e darlle a noraboa a Feijoo e a oportunidade da dúbida. Boa pinta ten, pero a ver que pasa.
Porque creo que a miña visión me pode permitir saber eloxiar e criticar a un partido político, independentemente da cor. E polo que vexo, non todos teñen esta virtude.
Nunca, ou case nunca, nunha comunidade autonoma un goberno estivo tan pouco tempo no poder. Nin no Pais Vasco (PNV) nin en Cataluña (CIU con Pujol), nin Andalucia con Chaves (os próximos en caer), nin Valencia (PP), nin Madrid (PP) nin Castilla La Mancha (PSOE)... excepto o famoso e xa antigo bipartito. E eu creo que eso debérase estudiar con mais detemento e abstracción, sin subxectividade de cores, pois pode cergarnos.
Ó meu parecer, o cambio que prometían non foi tal. Mais ven volveron ás peores prácticas que se puideron ver con Fraga (sobre todo ó final). ¿Será porque Fraga pesa moito? ¿Será porque o bipartito non tiña o coñecemento suficiente para facer outra cousa distinta da que xa vira? ¿Viríalle grande o posto? Pois non cho sei.
Causas do cambio: ¿Será mala sorte? ¿Serán os infieis votantes? ¿Será que a xente non é parva? ¿Será que o PP manipulou as eleccións? ¿Será Bermejo vis Garzón? ¿Serán os AUDIS? ¿Serán os velliños de Oia? ¿Serán as galescolas? ¿Serán os mobles de Touriño? ¿Será o yate de Quintana? Na miña opinión, foi INCAPACIDADE. Sinxelo, pero realista. E a xente non é tonta. Parecémolo, pero non o somos. E esta incapacidade vese en que tanto o PSOE e o BNG se meten moito, excesivamente, en temas persoais, demagoxias, cacicadas descaradas, insultos, berros, e esto intenta sustituir explicacions lóxicas, respostas documentadas, proxectos reais e realmente dinamizadores (recordo as palabras de Orlando Marrube sobre as infraestructuras e avances para o Val do Ouro. Joder, si non fustes capaces de facelo en ningunha capital, como vades facelo en pobos de 2000 persoas), e a xente cansase de todo ese alboroto e abuso.
Intentaron intimidar e a xente revolveuse.
¿E agora? Repito, o Feijoo ten boa pinta, pero averá que verlle os andares. A sua traxectoria profesional avalao, cousa que non poden decir os seus contrincantes políticos, pois, que eu sepa, e que alguén me corrixa se me equivoco, a nivel profesional non se lles coñece nada.
Creo que o meu comentario decia algo asi:
Parafraseando a Obama:
No , in Galicia we can not.
Volve a etapa Fraga, noraboa os premiados.
E xa contestando o de Layla: para min si que e un retorno a etapa Fraga, sen ir mais lonxe o presidente e un conselleiro de Fraga, formado na sua ultima etapa.
Pero sobre todo volve a caza de todo o que non sexa adipto o reximen. So desde isa optica se pode entender que Baltar(toma relevo) de adicara a decir que quintana era un maltratador e estaba liado coa conselleira de vivenda. Isto non e debate politico, e simplemente humillacion moral os non adiptos o reximen.
A, e estou de acordo en que o "o pobo e quen mais ordea" que diria zeca afonso.
Por certo, paréceme moi significativo o que di layla, de que dende 1993 o BNG vai perdendo votos en cada eleccións. E non me parece lóxico que con cada vez menos apoio da poboación poida ata ter a vicepresidencia e consellerias. Paréceme inxusto e creo que un votante do BNG, se é honesto, tamén o pode chegar a ver así. Esto das minorías ten pouco sentido.
A democracia vai ligada coas maiorías. O dos pactos está inventado polos politiquillos, pero creo que non é bo para alcanzar un bo goberno, en calquer lugar, sexa da cor que sexa o pacto, repito, sexa da cor que sexa.
Acabo de ver que Touriño presenta a dimisión.
Onte pola noite gustoume moito o seu discurso. Un tipo que foi sincero, como poucas veces se ve en noites electorais. Estaba aflixido, jodido. Como hai que estar cando perdes. O raro é que sexa dos poucos que o fagan.
Hoxe presenta a dimisión. Despois dos resultados, é o máis consecuente. Deberían aprender moitos políticos e politiquillos de turno (grandes e pequenos). Con ou sin motivo e razón, paréceme o máis consecuente.
Unha simple pregunta para don Pinpon, no pais vasco debe gobernar o PNV, partido mais votado, ou deben pactar PP-PSOE
A ver.
Está claro que o bipartito non funcionou, para min estaba mui claro, e ahora está claro que tampouco funcionou para o resto da comunidade. Toca para BNG e PSG revisar o que fixeron mal e recapacitar. Está claro que non se van a rasgar as vestiduras en público, tampouco se lle pide. Touriño xa fixo un xesto de "mea culpa" admitindo a derrota, e Quintana recoñeceu que se fixeron varias cousas mal.
Xa está, tampouco se van cortar as venas.
A clase vese na xente. Outros políticos de menos nivel como Rego ou Manuel Parga, diputados mariñanos bótanlle a culpa ós medios, á campaña suxa do pp, etc, como os futbolistas cando perden e din que a herba estaba alta, disculpas de mal perdedor.
Non hai disculpa 70% de participación, 39 escanos. Punto pelota. Creo que é a primeira vez que un partido, dende a oposición, se fai coa maioría absoluta
Qué quere decir esto, que o bipartito funcionou mal, rematadamente mal, que a xente lle ten medo a crise, que o BNG mideu mal as suas posibilidades estirando mais a manta do que daban os seus votos, que o PSdG cedeu demesiado para poder gobernar ou qeu non foron capaces de organizase ou todo xunto. Non o sei, pero o que é seguro, é que foi culpa deles. Foi culpa do goberno bipartito, que non lle boten a culpa ó electorado, á campaña, ós medios, a Garzón nin a outras lerias varias. Non o fixeron ben, e o pobo soberano, como fai catro anos, pasou factura.
esa é mui boa pregunta jota, e anque non é para min, gustaríame deixar a miña opinión:
Eu sempre fun contrario ó derroche de fondos públicos, pero no caso das eleccións sempre estiven a favor do sistema francés de duas voltas, que seña o elector o dono do seu voto ata o final. No caso do sistema nóso, é un dilema difícil, pero que é mais contra natura, o pacto de un nacionalista con un non nacionalista, un de dereitas con un de esquerdas, un constitucionalista con un anticonstitucionalista, bffff, é complicado.
Para min que goberne o mais votado. (pero sigo decindo que o mais xusto son duas voltas)
Jota.
Poderasme creer ou non, pero eu penso que quen debería gobernar no Pais Vasco sería PNV en minoría, e para cada cousa que queira lexislar ou aprovar deberá ter o apoio necesario, puntualmente. É o meu modo de entender a política. O pobo deulle 30 escanos, que son mais ca 25 e moitos mais ca 13. Pero si o PSOE e o PP estan todo o día tirándose os trastos!! Non me parece consecuente, sinceramente, un pacto entre eles.
Pero eso sí, nun caso tan particular coma o vasco, con mortes polo medio, con asasinatos e amenazas reais, a cousa é moito máis complicada. Se hai que tragar para que se chege a unha paz neste lugar, pois podería ter a súa xustificación. Pero repito, estamos a falar de mortes.
No resto dos casos, en xeral, creo que ten que gobernar a forza máis votada.
Respecto ó que dí layla, comentar que precisamente son moitos líderes locais os que se manteñen anos e anos nos gobernos locais, perdendo eleccións tras eleccións e non fan nada. Ó meu entender, da síntoma de estar agarrándose á poltrona caiga o que caiga. Por eso creo que a dimisión de Touriño é un exemplo a seguir.
Respecto ó de Baltar, con ou sin razón, pois descoñezco o tema por completo, creo que é inxustificable, de moi mal gusto, e totalmente condeable a súa actitude. Os temas persoais nunca se deben mezclar na política. Pero esto dos temas persoais, deberás admitir, Jota, que é moi típico en todalas forzas politicas. Incluso a nivel local, cando hai eleccións, hai partidos que SÓ, repito, SÓ empregan esa baza. Eso nunca é defendible, veña de que veña.
Boa tarde!!
Boa tarde
En primeiro lugar felicitar o autor deste blog, xa que me parece moi interesante, pese a non compartir moitas das suas opinions.
Pero para iso vivimos nun país no cal nos podemos expresar libremente.
Gustariame se pode, que me explicase que tipo de declaración fixo o Sr.Marrube, xa que non puiden estar moito o tanto deste tema.
Pregunto porque non estou moi de acordo coa politica levada a cabo por el no concello.
O dito, noraboa e a seguir con este blog.
Un saudo;
Fulxencio
gracias, non se merecen, as declaracións podense ler en:
http://copedelacosta.com/alfoz/el-bng-critica-al-alcalde-por-su-pasotismo.html
A ver, non se trata de criticar por criticar a Ivan, que conste que eu particularmente non entendo por qué teñen que tardar tanto os procesos de concentración parcelaria, sei que teñen que ser lentos polas alegacións e contra-alegacións dos veciños en algo tan sumamente sensible no noso eido como é o terruño, pero, ¿tanto?.
Ahora, que veña o rapaz este e que nos queira convencer de que nun pispas desbloqueou todo o tinglado e desfixo o nó gordiano por arte de maxia... home non! que non nacimos onte.
E en canto ó polígono, pois bueno, remítome a outras entradas anteriores, era inmediato nunha reunión en finca galea fai anos, e falta a primeira pedra... pero é lóxico que non haxa primeira pedra porque non hai primeira petición de parcela!!
cando digo que non se merecen, refirome ós eloxios non ás gracias, por suposto, e benvido o blog.
Acabo de ler a noticia de prensa que se comenta (a do portavocillo do BNG en Alfoz Iván Marrube).
A verdade é que o mellor é non comentar case nada, pois todo ou case todo o que se comenta carece dun fundamento lóxico e non se sostén por ningunha parte. Falar de 40 anos co PP, de que non se preocupa máis ca él dos veciños (para eso pedía unha comisión, moita tele ve este), que o actual alcalde retrasa a concentración, que tamén atrasa o PXOM, que se o soldo do alcalde. En fin, creo que son falacias e demagoxia, pero ó mesmo tempo denotan certa ignorancia e falta de coñecemento.
O que realmente da pena e que hoxe en día calquera pode ir a un medio de comunicación público e dicir o que lle pete, sen ter que demostrar ou documentar nada. Hai cabida para calquera. E na política, máis todavía. Calquera pode opinar, pois estamos nun pais libre, pero distinto e facer declaracións públicas con tanta lixereza e representando a un partido político que ó mesmo tempo representa ós seus votantes. Ahí habería que ter máis cuidado.
E, como xa dixen moitas veces, o do insulto e o de entrar en temas persoais nunca é bo. Por iso, prefiero non opinar sobre Iván Marrube.
Por certo, como dí layla, o do polígono ¿ en que estado quedou antes das eleccións? Pregunto porque descoñezo a situación actual. Non vaia ser que estaba andando e agora o Feijoo no lo quite eh! Non vaia ser!
Por certo xa empezan as medidas. O coche que condicira feijo sera un C6, coche que non se fabrica en Galicia. Vese que iso de conducir coches feitos en Galicia era pura demagoxia de campaña.
¿Devolvera as sillas de Touriño ou iso tamen era so demagoxia de campaña?
Jota, non te consideraba tan demagogo, e fastídiame ter que cambiar de parecer.
Ti sabes perfectamente que a política ten unha parte de medidas reales e outras xestuales, aquelo de que a muller do cesar aparte de ser ten que parecer.
É evidente que ó presuposto xeral de Galicia (ou galiza como decides vós) non lle vai facer moito dano as sillas de Touriño, pero como xesto, nos tempos que corremos con unha pila de parados que non ten xeito, non son decentes, e á Citroen, vender un coche mais ou menos, tampouco a vai a sacar da crise, pero si ten unha fábrica en Vigo, o feito de que o goberno autonómico local faiga o xesto de comprar un citrolo, publiciataria e protocolariamente, é importante para a marca, independentemente de que se fabrique aquí ou non ese modelo concretamente. E seguro que esta marca corresponde con algún outro xesto, como fabricar un novo coche en Vigo que garantiza postos de traballo ou reudcir un ERE inminente ou ó mellor non sirve de nada, pero, tampouco nos costou tanto a inversión, non?. Dende logo moito menos que andar nun Audi, que non ten absolutamente ningún interés para a nosa comunidade aparte de que haxa algún emigrante traballando en Stutgart ou onde demo teña a fábrica.
Que conste que non cho explico a ti, que o sabes perfectamente, e solo o fas por chinchar, si non por explicarllo a algún que ó mellor se cree estas historietas que se che ocurren de cando en vez.
Boas,
Respeto todas as opinions pero si falades do desacerto das citadas declaracións estón non sei que calificativos deberíamos usar para as que fixo na prensa Emilio, as cales causaron a miña resposta.
Igual que as miñas están por escrito, tamén están as del na Voz de Galicia.
Dicer tamén que as críticas en nigún momento foron nin pretenderon ser un ataque persoal senón político xa que en canto a Emilio como persoa non teño absolutamente nada malo que decir máis ben o contrario.
En referencia a algunha burla que aparece con motivo das comisións, parece ser que a persoa que o dí non está moi enterado xa que as comisións de peliculero nada, son unha ferramenta que se usa en todos os concellos para diversos temas de importancia para os mesmos, feito que se pode comprobar en todos os concellos da mariña.
Pareme moi sano o debate, e entendo e respeto que existan discrepancias xa que todos nos podemos equivocar pero no momento de xuzgar a terceiros débese falar sempre con coñecemento da situación.
Ivan.
Descoñezo as declaracións de Emilio na Voz de Galicia, de verdade.
Poderíasme dar o link ou explicalas?
Publicar un comentario