Bluff Garzon

Gustaríame abrir un debate de hasta donde chegan os poderes dun xuiz, en este caso os poderes de un xuiz posto en tela de xuicio ( bonito xogo de palabras) en varias ocasións. Poñémonos en situación:
Que conste que estou a favor de que investigue e castigue con todo o peso da lei a todo o que meta a mau na caixa dos cartos públicos, pero sobre todo tendo en conta o historial, nutrido historial de fracasos deste histriónico xuiz, creo que debera primar un pouco o segredo de sumario e a prudencia, sobre todo durante a celebración dus comicios tan importantes para o PP como os galegos e os do pais Vasco.
Ollo, que xa sei que eso non ten nada que ver ca xusticia, e tal, e que ten que ser independente e levar o seu propio camiño e non facer caso a nada e todo o que quieredes. Pero é que resulta que parece, ollo, parece que non é asi. Resulta, que a fiscalía lle di ó pájaro este, que rien de rien, que nin ten probas, nin hai indicios suficientes, nin ten xurisdición, nin tarabela de gaita, entón parece que todo é unha bufonada interesada.
Enton gustaríame saber que pensades de todo esto, abstraendonos a ser posible de colores políticos, aproveitando que xa pasaron as eleccións, e que ahora xa é igual. A pregunta sería ¿Hasta donde o xuiz está obrigado a salvaguardar a honorabilidade das persoas e institucións protexendo o segredo do sumario en prevision de que as investigacións o leven a inocencia do acusado e así protexer a súa honorabilidade? ¿Qué responsabilidades son imputables os xuices por mediatizar publicamente e filtrar interesadamente supostos delitos mui débilmente hilvanados?

1 comentarios:

don pinpon dijo...

Vou intentar dar a miña opinión o máis obxectivamente posible, ainda que nomee partidos políticos.

O que está claro, e que neste caso concreto de Garzón co PP a investigación afectou ás eleccións, para ben ou para mal, para arriba ou abaixo, esquerda ou dereita, pero afectou. E digoo porque este último mes falábase nas rúas un montón de este tema. E eso creo que xa indica que sí afecta. Habería un % que cambio o voto, outro % que diría "son uns ladróns, non vou votar", outro % que lle daría igual e se mantería nas súas ideas. Pero influiu.

E creo que intentou influir interesadamente. E é aquí donde os partidos políticos xogan todos á mesma carta. ¿Como pretendemos independizar o goberno da xustiza cando o TSPJ está constituido por xente escollida por PP e PSOE? A min paréceme subrrealista e creo que nos tratan como se nos chupásemos o dedo. E repito, dame igual neste caso PP que PSOE, porque as leis están para cambialas e cando un chega ó poder pode plantear cambios nos métodos existentes, para tratar de separar o poder xudicial dos gobernos. Pero non ocorre así.

Intentando responder á primeira pregunta, para sacar á luz (e que ningúen me diga que son filtracións desinteresadas, pois FORON MUY INTERESADAS) acusacións sin probas concluintes, sin papeles, como se suele decir. Porque desta trama aínda non hai ningún só condenado. Pero lévase falando un mes e medio.

Outro exemplo. Candido Conde Pumpido está posto ahí polo goberno? Pregunto pero creo que sí. Pois chicos, se esto o vemos ben e creemos que debe poñelo cada goberno, pero ó mesmo tempo se loita por separar goberno de xustiza, entón eu son parvo de narices!.