responsabilidade

Gustaríame destacar a lección de responsabilidade política que demos dende Galicia ( ou Galiza, como concesión especial para Jota) ó resto do pais, en forma de corta de pólas enfermas de xeito inmediato en caso do Sr. Feijoo en campaña, e sobre todo, de asunción de responsabilidades no non acadamento (eu non o chamaría fracaso) do triunfo pola parte dos Srs. Quintana e Touriño.
Resulta vivificante ver, nun pais onde todo o mundo se agarra a silla como si fose a única vida posible, que si é posible sair derrotado pero pola porta grande, con honor e asumindo as responsabilidades si as houbera. Facía tempo que non se vía tal. De feito é raro nun pais como este onde naide dimite por nada, si prometemos esto e non cumprimos, non pasa nada, si nos pillan in-fraganti cobrando o que non debíamos, tampouco pasa nada, si se nos caen as obras, tampouco, si nos retrasamos varios anos, quítame alá esas pallas, si onde dixen pleno emprego digo pleno de parados, é que non entendestedes, si dixen transparencia e me saíron uns espías de nada, que mais da?.
Especialmente exemplar o caso do BNG, onde Anxo Quintana arrastra consigo a cúpula nacionalista para permitir unha renovación a fondo do partido, sen ataduras. Chapeau!
A ver si cunde o exemplo.

8 comentarios:

don pinpon dijo...

Neste sentido xa me pronunciei anteriormente, cando dimitiu Touriño.
E digo agora igual cando dimiten Quintana e os seus.
Parecenme actos de responsabilidade política. Outros debería aprender deles, pero non só nas altas esferas, senón tamén a nivel comarcal e local, que perden e perden e volven a perder, e andan en xuicios, e noutros temas farragosos, e seguen amarrados ó sillón. Desgraciadamente, esto está a ocorrer en todolos partidos políticos.

Desto, degraciadamente, non toman nota os/as nosos/as magníficos/as ministros/as, que non saben como facer peor as cousas. En primeiro lugar, intelixencia e coñecemento. E se non os hai, como está a ocorrer, responsabilidade e consecuencia, sin chegar a pedir dimisións.
E repito, esto, para todolos partidos.

jotavaladouro dijo...

Para don pinpon ¿Que son os de nivel local que andan en xuizos

don pinpon dijo...

Jota.

Podesme crer que non falo de ninguén en concreto, de verdade. Puxen exemplos de cargos que, por encima de todo, se agarran ó poder coma un cravo ardendo. E eso está a pasar en todolos partidos, dunha banda e doutra.

Pero, sinceramente, non coñezo a ningún político, ou aspirante a político, en Alfoz ou Valadouro, que estivera en xuicios por motivos do seu cargo.

don pinpon dijo...

Falando de responsabilidade, e ainda que non veña a conto,

http://www.elconfidencial.com/cache/2009/03/26/espana_42_quien_politica_pagada_pajin_ganara_18000_euros.html

Indignante, aberrante, que pensamos?

jotavaladouro dijo...

A min pareceme mais indignante que so un 10% dos diputados teñan adicacion exclusica.
http://www.elconfidencial.com/cache/2009/03/09/espana_89_cuantos.html

layla dijo...

Non sei porque non que parece ben que os deputados non teñan dedicación exclusiva.
Si queremos ter os mellores dirixindo o pais, está claro que non se van adicar exclusivamente a esto si non que terán outras cousas que facer como emrpresas, consellos de administración, investigación, serán escritores, filósofos, profesores universitarios etc. Por qué non? Precisamente o que se necesita é xente válida, xente traballadora e recoñecida, non trepas da política, que non teñen ningún outro mérito social que o de ir medrando á sombra do seu partido. Evidentemente esa xente non che vai vir pola mitade do que están gañando, nin tampouco é bo que deixen de ter contacto coa realidade que os levou a bós no que son.
Creo firmemente nos equipos multidisciplinares, feitos a base de xente especialista que se recolle do mais granado dun pais, esto é o único que pode desenredar este lío, xente preparada, non pepiño blanco, bibiana aido, trillo, acebes ou similares.

don pinpon dijo...

Igual de indignante é ver xornadas no Congreso ou no Senado coas sillas medio vacías. Dende a ignorancia, a esa xente estáselle a pagar por estar ahí non? Si realmente cobran, e como si no posto de traballo dun de nós, nos poñen unha cámara e un 50, 60 ou 90% das veces, dame igual a %, está a silla vacía.

Chegaría un día o gran xefe e mandaríanos á casiña, pero con moita razón.

Repito, si é así e cobran igual, manda narices! Tragamos con todo!

layla dijo...

evidentemente referiame a que puideran facer outras cousas aparte (a maiores) de facer o que teñen que facer no congreso, non de facer o outro e non acudir ó parlamento!! por suposto.