Algunhas das medidas estrella....

Ou estrelladas, non se sabe:
Os ordenadores, que por certo xa son vellos, porque xa levan saindo en varios debates sobre o estado da nación e incluso en varias promesas electorais... esto vai para largo. Pois resulta que onte ou antonte en Hora 25 en cadena SER (podese oir vía web en www.cadenaser.com) Angels Barceló entrevistou a Juaquín Almunia, e recoñeceu que ainda non saben mui ben como se vai a pagar esto, si vai a ser vía comunidades autónomas, vía estado, e incluso, tachán!! non se descarta que o paguen os pais dos rapaces!! polo menos en parte. Ole ole y ole!! esto son medidas ou non son medidas tomadas polos pelos. Total solo se trata de unha proposta que lle levan dando voltas cinco anos, xa podían ter mirado como ían a finaciala.
Outra medida é a reducción de 5 puntos do tipo impositivo para as pemes de facturen menos de 4millons de euros anuais sempre e cando manteñan o emprego. Fagamos unhas cuentiñas:
Si nos vamos ó tipo medio do tramo, 2 millons de euros de facturación unha empresa que declare un 10% de beneficio (que xa é moito, o normal estaría entre un 5 e un 8%) tería 200.000 de beneficios, que co tipo de imposición actual pagaría un 20% de impostos, 40.000€. Si lle reducen un 5% pagaría un 15%, polo que pagaría 30.000€ polo que aforra 10.000€, que non están nada mal. O que pasa é que si a actividade lle baixou (a totalidade das empresas españolas)e lle sobran traballadores, eses dez mil euros non lle chegan para pagar o soldo dun traballador durante seis meses, así que lle sendo mais rentable prescindir dun traballador. Si o levamos ó limite de de catro millóns de facturación, a bonificación e prácticamente o coste de un home, polo que ningunha empresa que vexa recortada a súa actividade vai a retener xente amparandose nunha axuda tan pequena, porque non vale a pena. Consiste en facer empresas non viables artificialmente, o cal non é nada convinte, pode levar a que por culpa de non despedir a dous, haxa que despediolos a todos dous anos mais tarde. E si a actividade non che baixou, xa non ibas a despedir a naide, ¿non?, ¿para que che van a bonificar nada?. Non entendo mui ben esta medida.
En canto ó fin da desgravación por vivenda, entendo que queren acabar co modelo de crecemento basado na construcción e que a xente invirta en vivendas (segundas e terceiras) e o feito de acabar coa desgravación no 2011 esperan que produzca un efecto chamada que axude a limpar os stocks de vivendas dos bancos e as inmobilarias metendo algo de presa ós posibles compradores indecisos. Persoalmente creo que os clientes hoxe en día non compran pola posible desgravación e si polo precio en sí, e que despois do 2011, si o parque de vivenda non baixou significativamente, o goberno prorrogará a desgravación ou o mercado axustará o precio á baixa das vivendas para compensar a desgravación. Por outro lado, o límite dos 24000€ é tan baixo (realmente empeza a reducirse a desgravación gradualmente nos 17.000€ para quedar a 0 nos 24.000€) que tampouco van a poder desgravar nada os que están por debaixo de esta cifra, xa que esta desgravación non é unha axuda directa si non unha devolución da retención, polo que ó ter unha renta baixa, terá unha retención tamen mui baixa ou incluso ningunha retención, polo que non poderá deducir nada si nada paga.
Creo que estas eran as tres medidas estrella de ZP. E sinceramente, non me parecen gran cousa. A min gustaríanme mais outras mais atrevidas, pero non hai o que hai que ter, por exemplo, reforma laboral, reforma urxente e dotación de medios para a xusticia, reforma do estatuto dos funcionarios para acercalos ó funcionamento do sector privado, liberalización do sector enerxético e desbloqueo das nucleares (todo esto da enerxía verde está mui ben, pero estanos costando unha pasta gansa, que se están embolsando catro empresas que explotan os parques eólicos), reforma do plan E para que en lugar de facer chorradas que non serven para nada como pistas de patinaxe, doten ós concellos de pasta para que paguen o que deben ás empresas que teñen afogadas con deudas de mais de dous e tres anos... etc etc.
Pero eso é moito pedir.

0 comentarios: