Dame a impresión que o presidente é como os pícaros, cando se ilusiona con algo, pónse rallante, e durante unha temporada xa non se fala de outra cousa, e non se atende a nada que non sexa o matinar do novo xoguete. Antes foi a Alianza das Civilizacións e ahora é o Cambio do Modelo Productivo.
O malo é que non se pode cambiar o modelo productivo dun pais dende arriba, esto non funciona así. Porque para empezar, téñense que dar as condicións, ten que haber o "clima" e o "solo", é decir, temos que ter as empresas e empresarios dispostos e os traballadores necesarios, e non temos nin unhos nin outros, porque os traballadores non están formados (gracias ó maravillosos plans de formación deste pais, unha niñada de chupons de subvencións), nin os empresarios teñen o marco competitivo que garantice a inversión. E ainda que así fose, levaría anos. E non temos anos. O que temos son problemas urxentes.
Pero como estamos co xoguete novo, xa non facemos nada co vello. Temos un Camionciño sin rodas, arrinconado no fondo dun queixón, e dame a impresión de que non se lle fai moito caso. Cando o debate sobre o estado da nación, mirouse de parchealo un pouco, pero enseguida se desisteu, púxoselle unha roda sola, de mala maneira, e volta ó caixón... bffff.... qué mal rollo...
E di o presi que ahora que tocamos fondo, será mais facil remontar. Si non fora mentira, sería unha pallasada. Pois claro que si tocas fondo o mais facil e subir!!! si estas no fondo para baixo xa non podes ir!!!
Pero é mentira, como sempre. Xógome unhas cervexas virtuales con quen queira a que perderemos outros 500.000 postos de traballo este ano.
como os pícaros
martes, 26 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 8:46
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario