Reforma laboral

Como o prometido é deuda, ahi vai o que opino (por si a alguén lle importa) sobre a (mal que lle pese á xente) inevitable reforma laboral:
Frente a propostas absurdas, como a de Mendez de reducir a xornada semanal a catro dias, hai outras medianamente decentes que se poden discutir. Entre elas hai unha proposta elaborada por mais de 100 economistas (independentes) que propon unha reforma que nos acerque un pouco á media europea en clima laboral, porque mal que lle pese ós sindicatos, os datos do Banco Mundial, con indices de 180 paises son os seguintes:
Dificultad para contratar en España 78 OCDE 25.7
Rigidez de horas en España 60 OCDE 42.2
Dificultad para despedir en España 30 OCDE 26.3
Rigidez del empleo en España 58 OCDE 31.4
Coste de despido en España 56 OCDE 25.8


E esto é o que hai. Non é ningún invento. En todo este post, vou tratar de que non saia ningunha opinion política da oposición, si non datos de organismos oficiais ou independentes e opinións do goberno. Ollo ó ultimo dato, ainda que non é o mais importante, costo de despido, mais do doble en España. Os outros datos como rixidez de horas e de emprego denotan a falta de flexibilidade que as empresas levan reclamando dende fai meses. Pero según Corbacho, o problema non é ese si non todo o contrario, hai excesiva flexibilidade (?). Non me explico en que mundos de yupi vive esta xente, está claro que non vive no mesmo planeta que o resto da xente, porque Solchaga, ex ministro de Economia e Facenda, dille exactamente o mesmo, Taguas, presidente de Seopan, o mesmo, a cepyme e Fernandez Ordoñez o mesmo, o Financial Times opina exactamente o mesmo. É decir, todo o mundo excepto ZP e correlixionarios pensa que esto ten que cambiar.
Pois resulta que hai unha proposta de casi cen economistas, algunhos de gran prestixio, que plantexan unha reforma laboral urxente, sin tocar os contratos vixentes, ollo que eso non se toca, unificando todos os tipos de contrato nun único contrato con vinte dias de despido por ano. Esto pódese considerar abaratar o despido dos contratos fixos (os que non hai) ou encarecer os eventuais (que son os que se fan maioritariamente ahora). Hai que ter en conta que as indemnizacións actuais son 45 dias por ano en contrato fixo e 8 en temporal. E con esta abismal diferencia ainda se preguntan porque a tasa de temporalidade en España está no 30% cando a media Europea non chega ó 15%. A estas figuras da economía non se lles ocurre pensar que en Europa a media de despido está na mitade que o nóso, polo que non compensa o temporal. Esta diferencia tan grande leva as grandes empresas do nóso país a valorar a rotación de traballadores como política empresarial, baixando o rendemento e a productividade a costa de un costo menor de personal e un empobrecemento da sociedade. Unha empresa non vai invertir en formar a traballadores temporais, porque non quere invertir tempo e diñeiro para nada, esto lévanos a ter mau de obra pouco formada, e eso a ter unha productividade penosa, que nos leva de novo a menos crecemento económico e a mais paro e volta a empezar.
Hai que pensar que os proveedores de traballo fixo e estable son as pemes, que ahora, cando veñen mal dadas, encontranse con unha carga enorme para prescindir de traballadores para intentar facer a empresa rentable e seguir conservando o resto dos empleos. Entonces que enseñanza están recibindo ahora? Qué che di calquera pequeno empresario si falas con el da crise? Pois que nesta non o volven a coller, daquí para diante, subcontratas e temporais. De feito hai pequenas empresas que teñen un valor empresarial menor que os custo de despedir á metade da plantilla, neste caso, o que o empresario fai e intentar seguir hacia diante a ver si a cousa mellora, e cando non pode mais, bóta o candado e presenta suspensión de pagos. En lugar de ir a metade ó paro, van todos, ninguén cobra indemnización, e os proveedores da empresa tampouco cobran. Gran solución.
Outro problema é que os salarios siguen ligados á inflacción. Como si esto tuvera algo que ver. Os soldos dos traballadores deben ir ligados ó seu traballo, no a si sube ou baixa o pito ou os ovos. Maior productividade maior soldo, menor productividade, menor soldo (como no resto do mundo). Aquí non, aquí si a túa empresa funciona de cine e gana pasta gansa, pero o IPC non sube, ti non ganas un can mais, entón? como te animan a traballar? Pódencho subir voluntariamente, pero cando as cousas sexan ó contrario, o IPC suba pero a productividade da empresa baixe, non cho poderán baixar, estarán obligados a subircho de novo. Esto non é xusto para naide, nin para o traballador nin para a empresa. Cando os soldos queden ligados ós rendementos, esto irá para arriba como ten que ir. Cando ti vexas que o teu bó traballo se traduce nun bó salario, intentarás que sexa así todos os meses do ano.
Tamén temos o problema dos funcionarios, ESADE (a octava mellor escola de negocios do mundo, polo visto) pide que se reforme o estatuto dos funcionarios para que se empece a parecer algo mais a unha empresa normal (que xa vai sendo hora), a ver si así medio pais deixa de soñar con ser funcionario. Porque claro, quen non soña con ser funcionario? Soldo mui por encima do mileurista tipo, resposabilidade cero, sin xefe, intocable como os de Eliott Ness, horario de provilexiado, cuarenta dias de vacacións... non me extraña que se perdan anos e anos de traballo e productividade en preparar oposicións... E unha vez dentro A rascala a conta dos contribuintes!! Pois evidentemente eso tense que acabar, os funcionarios teñen que ser traballadores normais como os outros, sometidos a productividades como os demais, e os que non se queiran reciclar, ou non atendan dilixentemente ós clientes (a nosoutros) e acumulen queixas dos contribuintes, teran que irse ó paro como os demais. Porque señores, cada funcionario de este país, cóstanos ós que traballamos en empresas non-públicas a friolera de 4.500 eurazos por traballador/ano ou sexa, que do que tu produces cada ano, catromilquientos euros é para manter funcionarios, que vendo o que fan... pois como que me apetece ir á diputación, xunta, concello etc, a pedir explicacións do que fan cos meus cartos. Solo para personal. Tela marinera. Si esto non merece que lle metan mao, xa me contaredes.

Está claro como decía ó principio que a reforma é inevitable, porque xa perdemos 600€ de renta per cápita, e non alcanzaremos os niveles de 2007 hasta o 2001, e según Paul Krugman, que non pode ser antiptriota porque non é español, pero seguro que tampouco ten nin p.t. idea de economía anque lle deran o premio nobel (sería un erro, estes suecos, xa se sabe), xa perdemos entre o 15% e o 20% de competitividade. Aparte que dos 13 millóns de parados de Europa, 3.6 millóns están en España (non está mal) e somos líderes indiscutibles en destrucción de empleo. Si esto non é para plantearse unha reforma....

pd. Según ZP hai brotes verdes (green shoots, esto oeullo a Obama, pero desgraciadamente esto non é USA, alí si que probablemente estén saindo brotes, e en Alemania tamén, pero fixeron outras cousas antes...)

1 comentarios:

layla dijo...

Por certo, o señor Campa (http://www.elpais.com/articulo/economia/Salgado/escoge/experto/finanzas/sustituir/Vegara/elpepueco/20090515elpepieco_3/Tes)flamante numero 2 de economía da señora Salgado e recién incorporado, é firmante de esa proposta de flexibilización de mercado laboral, aparte de outras propostas liberales. Xa veremos si o sigue mantendo...