Anda estos dias o candidato revolto, porque resulta que non saeu ben parado no sorteo da concentración, e claro, non están ben afeitos. Esto soe pasar. Cando se vai a un proceso tan grande como unha concentración parcelaria, soe pasar que haxa un monton de xente que nin fun nin fa, algún perxudicado e algún beneficiado. O erro está en pensar que se ten que gañar de primeiras. Non hai que ser tan cativo. Con esto sempre se gaña, anque non sempre ó principio, ó mellor teñen que pasar uns anos para darse conta, sobre todo si se ten un ancho de miras tan reducido, que se mira mais como quedou o veciño que o me quedou a min.
E por suposto, sacar rédito político. E si podemos meter cizaña mellor. Porque os do PP quedaron mellor, a eles non os molestaron nada.
Pobres! Eso chámase enanismo político. De todas formas non me sorprende da persoaxe, xa coñecida pola súa enorme ecuanimidade, baste recordar o episodio da carta de felicitación qeu escribiu cos seus alumnos a ZP, feito que non dubidou en repetir con Feijoo cando gañou as seguintes eleccións. Como digo todo un demócrata e un xusto maestro.
Pois, como decía, din por ahí que non quedou ben no reparto da concentración, como algún outro que tampouco quedou ben. Pois vaia oportunidade que tiña de demostrar a xenerosidade que se lle supón a un bo candidato que opta a un cargo (suponse buscando o ben común) para abogar pola boa marcha da concentración e loitar pola resolución pacífica e rápida da mesma!!! E en lugar de eso, buscamos o recurso fácil, de decir que os do goberno municipal non lles tocaron nada, ós outros si, cizañamos un pouco por aqui, outro pouco por alí, metemos ruido e facemos mal. Con que obxetivo señor candidato? Qué é o que pretende? Paralizar o proceso mais tempo? Desgastar o goberno do PP á conta dos veciños? Solo chinchar? Ou solo é por unhos tristes maciñeiros?
De verdade que estes comentarios de bar que anda facendo (non esqueza que este é un val mui pequeno) non o favorecen nada, e ainda que o que está enfrente lle día a razón en principio, non ten porque estar pensando que a ten, que todos somos mui galegos neste concello!!.
Concentración
lunes, 20 de julio de 2009 | Publicado por layla en 16:02
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario