Estos días, a conta da crise das empresas americanas, estase a falar mui alegremente para o meu entender, de que toda a culpa é dos executivos que cobran cantidades indecentes, que teñen soldos por obxetivos, e que a veces non miran mais que cumplir eses obxetivos a curto plazo sin mirar a viabilidade dos proxectos a largo plazo.
Pode ser. Todo esto pode ser, e seguro que hai moito de esto. Do que non se fala nada é do que se pode aprender de accións perpetradas por outros actores sociales como os sindicatos nos USA.
Si collemos por exemplo o caso de General Motors, temos unha empresa que era modelo en criterios de organización, foi pionera en crear distintas marcas para atender distintos tipos de clientes e incluso foi das primeiras en comprar outras marcas foráneas para deslocalizar e ser mais competitiva. Tamen chegou a acordos con outras marcas para atrender novos conceptos. Sin embargo nos anos 70 tivo un serio enfrentamento co UAW, United Auto Workers, sindicato de traballadores de automoción de EEUU, que conseguiron reducir a xubilación a 30 anos con prestacións completas despois de 67 dias de folgas, no 98 pararon 26 fábricas, deixando de producir 22.500 coches diarios para reducir a xornada laboral de 8 a 6 horas diarias, mantendo o salario, e poñendo fin á deslocalización da fabricación. Anque houbo grandes tensións na dirección, ó final claudicaron, cedendo ás presións sindicais sin ningún tipo de compensación.
General Motors pasou dunha cota de mercado nos anos 60 do 52% o 31% no 98 e no 2009 ten o 22%, en este ano, o marxe de beneficio obtido pola empresa por vehículo é de un 78% mais alto en Ford que en GM.
Este ano certifícase a quebra de General Motors, a outrora xigante da automoción. Probablemente todos ou a maior parte dos traballadores se irán á rúa. Felicidades ós sindicatos pola gran negociación de fai 11 anos. Bo traballo.
PD. ZP, que tanto mira a Obama, que mire tamen estos exemplos, xa que está tan enamorado dos sindicatos...
Victorias pírricas
viernes, 10 de julio de 2009 | Publicado por layla en 8:39
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Pero como non vai estar enamorado dos sindicatos se está enamorado de sí mesmo!! Todo se coce e se guisa na casa. Se os sindicatos están mais cerca do PSOE que Blanco ou Pajín, que xa é decir.
O que é increible e que hoxe en día, no ano 2009, os traballadores teñamos que financiar, directa ou indirectamente, ós sindicatos (tanto ós sindicatos como organización, como ós seus representantes). E, que casualidade que os representantes son os que máis dereitos teñen e mellor viven (un bo sueldo e traballando menos que o currante de turno ó que azuzan dende a barreira).
Se a situación que empezou fai uns meses, e segue, e seguirá (pese a quen lle pese a moitos) non é motivo suficiente para que algúns destes chamados "representantes deles mesmos" lles fixera movilizarse, ou polo menos posicionarse en contra, eche que algo hai por detraís que llo impide. Son todos os mesmos?
Publicar un comentario