Onte paseime polo bog do noso veciño Ivan Marrube e quedeime con unha sensacion rara, por que a verdade non sei si se cree todo o que pon ou é que simplemente non da mais. Imos por partes:
Cito textualmente, "somos o primeiro Concello da provincia en contar cun circuito de motocross oficial e espero que a xente o sepa agradecer" é dificil contar duas mentiras nunha sola frase e ainda encima pasar o cepillo para cobrar. Non somos o primeiro, Cospeito ten circuito oficial, e nosoutros non o temos, o noso non é oficial, por non ser non é circuito de motocross. Seguimos "foi unha obra promovida dende os seu comezos unicamente polo BNG de Alfoz e o clube de motocross Enduouro""dende o concello non se fixo máis que poñer impedimentos""e triste ter un alcalde que non fai nada" Supoño que cando se refire a que o concello pon impedimentos quere decir que o concello recordoulles ós promotores que tiveran cuidado co que facían, porque estaban a facer unha obra, influenciados por certo partido político, que saltandose toda a legalidade e todos os trámites normais, estabanlles prometendo unha axuda de nada menos de 420.000 eurazos dos impostos de todolos contribuintes, por suposto sin contar para nada co concello que votamos por medios democráticos os alfocenses, para un circuito que non contaba con ningunha licencia de obra municipal xa que carecía de proxecto. Si o feito de recordar e recomendar que se cumpla a lei, como por certo temos que cumplir os demais veciños é para o sr. Marrube, poñer atrancos, pois si, supoño que se lle puxeron atrancos. Cabe recordar que non se parou a obra. Deben os veciños saber que é o que pasa cando eles queren facer un movemento de terras similar en alguha das súas fincas ou unha obra en terreo rural, o pouco que tarda SEPRONA en aparecer a extender a receta pertinente.
Con esta promesa de pasta pública, o moto-clube Eduouro inicia as obras e ingresa na federación de motociclismo unha fianza para facer o 15 de agosto unha carreira de motocross oficial do campionato galego, de feito a carreira figura no calendario oficial que se pode ver na páxina web de dita federación. O que pasa é que onde dixen 420 ahora digo 30, porque a verdade é que tampouco son un peixe tan grande, anque boca si que teño bastante, e o circuito quedouse en corto-circuito, así que xa non pode ser de motocross e de oficial nada xa que ten a mitade do recorrido que precisa, co cal a carreira xa non se pode facer e o moto-clube posiblemente perda a fianza que depositou, como o sr. Marrube di, e volvo a citar textualmente "O camiño foi largo ata o día de cortar a cinta, pero a vista dos resultados non cabe máis que satisfación polo traballo ben feito" si señor, con un par. E ainda que só foran 30.000€ gustaríame saber como se poden xustificar a donación por parte do bipartito deses cartos para unha obra que non ten licencia, son misterios dos gobernos progresistas que loitan contra o caciquismo da gaivota. Ole Ole y ole!!.
Pura demagoxia barata, involucramos a unha asociación, prometemoslle o ouro e o mouro (por suposto de cartos que non son nósos) dámoslle un patacón, e despois botámoslle a culpa a quen dende o principio tiña a razón e demandaba prudencia, quedámonos tan anchos e poñémonos as medallas polo traballo ben feito!!! Non me extraña que o BNG esté onde está!! Pero non volo perdades, porque na segunda entrada di que o problema do seu partido xa o vía vir, pero que non dicía nada porque a súa mocidade e inexperiencia lle impedía rebelerse, e a continuacion carga contra a directiva comarcal, contra a central non.
Sr. Marrube, vostede denota de todo menos inocencia xuvenil. Cando un é novo, ten forza e ideas, rebélase contra o establecido, non ten necesidade de que o tempo lle día a razón, xa sabe que a ten. O que vostede fai e facer leña do árbol caido. Intenta buscar un oco na desfeita do seu partido e busca onde pode teloa cargando contra a comarcal porque contra a executiva non se atreve, sigue sendo cobarde, nunca lle vin unha declaración pública decindo o que pon no seu blog antes das eleccións, porque o pon ahora? Espera sacar rédito do seu partido? ou solo é unha rabieta porque pensaba sair elexido en lugar do sr Veiga o pasado dia 28-06?
Se quere ser un intrigante de partido e triunfar, necesita ser frio e calculador, non ter escrúpulos, saber moverse entre bambalinas, ter contactos, don de xentes e ser moi intelixente. Posiblemente as primeiras característcas as teña, a última, moito me temo que non.
"Creo que o concello e os seus vecños merecen algo mellor" Con esta frase si que estou de acordo, os veciños sempre merecemos algo mellor que o que hai, pero levamos 30 anos esperando unha alternativa mellor, e ainda non a encontramos, a ver si hai sorte a algún ano de estes se presenta alguén que mellore o que temos, non dubide sr. Marrube, que cando apareza, os votantes, saberemos aprecialo.
o circuito
lunes, 27 de julio de 2009 | Publicado por layla en 12:42
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
Ai dios mio! A min dame a risa!! Cree este Sr Iván que só e listo él.
Non o non, non o creas, que todos somos capaces de andar polo mundo e sin insultar e pisar a ninguén.
Polo que dí laya, resulta gracioso. Circuito a bombo e platillo e ahora so vale para levar o coche de mando a distancia dar unhas voltiñas, ou ó cativo na bicicleta para que salte un pouco. Ai meu deus, vaia "gobernantes" por chamarlles algo.
En fin, paciencia.
Tampouco se trata de esto, non é un circuito de radio control, é un circuito onde os integrantes do motoclube poderán entrenar para asistir a carreiras que se celebren en outros sitios, mellor algo que nada, e tamen servirá como base (supoño) para unha futura ampliación para chegar a facer un circuito oficial, pero a día de hoxe, non o é.
Sinto ter que correxirte nunha cousiña, se non me equivoco o Sr. Ivan Marrube si saeu elexido nas eleccións da Comarcal do día 28.
Por iso que cada vez entendo menos a parrafada que escribeu no seu blog.
O cal,non foi capaz de contextar as preguntas que moitos lle plantexamos.
Un saúdo
Fulxencio Pérez
Digo que non foi elexido no lugar do señor Veiga, ou sexa como máximo representante comarcal, que supoño que sería a súa aspiración, anque debo admitir que é una suposición que non ten fundamento, xa que realmente non coñezo os anhelos do sr. Marrube.
Varias cousas a indicar.
1. Ou ben non se queren aclarar as cousas o é que realmente non hai nada que aclarar. E decir, que o que di layla non se alonxa moito da verdade. O fondo da cuestión é porque se gastaron cartos nunha inversión (por certo, boa para o concello, coma a maoría das inversions que se poden facer nun concello) e agora o obxectivo perseguido non se pode cumplir, simplemente por razóns técnicas. Isto é o verdadeiramente denigrante.
2. ¿Qué e mais importante, sair catro días no periódico falando do circuito, de que o meu partido é quen financia e axuda a todo esto, de que os gobernantes locais torpedean o proxecto, etc, etc, ou que a poboación da Mariña dispoña dun novo servicio, repito, de acordo co obxectivo inicial do proxecto? Polos acontecementos, ó primeiro eche o que importa. PROTAGONISMO.
3. Ben sei que a obra en cuestión vai servir máis que para andar na bici ou facer circular uns cantos radiocontrois, era unha forma de falar. Pero ó que me refiro é a falta de profesionalidade, de madurez, para obrar desta maneira; acometer unha inversión e que ó final todo se desvíe do obxectivo inicial porque resulta que a cinta métrica daba outros números dos esperados.
4. Paréceme subrrealista que toda a política que se está a facer sexa de cara á galería, ós comentarios de bar, e ó fondo da cuestión (que neste caso era o obxectivo inicial do proxecto) non se chega nin se quere chegar. Non interesa.
5. Pero, como dixen noutras ocasións, a xente non é parva, gracias a Deus. De momento, as urnas así o reflexan.
6. Estas cousas tan mal feitas e plantexadas desde o inicio, con estes resultados tan chocantes, cando menos, so che poden suceder neste pais onde ó final naide ten que responder polo que se fai. Ala, ahí van os cartiños gastados, para non conseguir os obxectivos iniciais, e non pasa nada. Todo o contrario, enorgullézome de habelo feito así. SUBRREALISTA.
hola,
son menbro do club de motocros, e para Iván non temos máis que palabras de agradecemento, el nunca prometeu nada, tan só nos facilitou o aceso a xente da xunta, el non foi o que fixo promesa ningunha, e dende a xunta nunca prometeron 450.000 euros como se di no artigo, iso e mentira.
Marrube que e o portavos do bng en alfoz e nn está no goberno o que si lle podemos agradecer o moito que traballou e todo o tempo que empoleou en que nos tiberamos un circuito, no artigo poñense moitas mentiras e nin se sabe de donde veu o diñeiro para o circuito.
Referente o permiso para o mevemento de terras si o temos, esa finca esta en concentración parcelaria e esta intervida pola xunta que e en máxima instancia que pode autorizar un movemento de terras en zoa de concentración, o que nos falta e un permiso do concello para legalizar o circuito, e referente a iso, quen fixo algún movemento de terras sen permiso foi algún concelleiro do pp e sen proxecto como se nos pedia a nos.
De todas formas en temas de permisos pode haber moitas interpretacions pero a que non se lle pode reprochar nada e a Marrube que polo de agora traballa e fai moito mais, móvese moito mais que outros partidos da corporación con moitos mais peso e con moita mais xente e apoios.
E tamén e normal que o intente rentabilizar politicamente, tonto seria entón, igual de certo que apoia sempre calquera proxecto positivo para o concello veña de quen veña, incluso doutros colores politicos.
O circuito de cospeito creo que é privado e non publico.
Amigo moncho:
Tes unha confusión mental importante, en primeiro lugar, todos estamos contentos de que o circuito vaia adiante. En segundo, non digas que é mentira o que ti sabes (si como dis, eres socio do moto-clube) perfectamente que é verdade, porque así foi como ocurreu, e dixéstelo ós sete ventos, si despois saeu mal, todos o sentimos, pero había unha promesa con unhas cifras.
Terceiro, ninguén che dixo que non tiverades permiso para movemento de terras, díxose que non tiñades permiso de obras nin proxecto, que é distinto. Cando te azuzen para escribir, que que asesoren ben. Por certo, que non te leven a escribir cousas que non son certas, porque o edil en cuestión si ten permiso e licencia de obras.
En curato lugar, os permisos non admiten interpretacións, se teñen ou non se teñen. En este caso, non se teñen, pero naide parece que vaia a facer nada en contra, polo que deberiades de estar contentos. Polo menos naide vai a facer nada mentres non medie unha denuncia dun veciño cabreado, despois xa che contará un xuiz de que valen os papeis do amigo Ivan.
En quinto lugar, non sei si o circuito de Cospeito e privado ou público, pero o de Alfoz, que é? Acaso e público? Non pertence ó motoclube? E o motoclube é privado ou público?
O dito, creo que tes un pequeno lío, pero supoño que te asesoran mal. De todas formas eu non critico o que intentou facer Marrube, que me parece loable que se traballe por un ben común para o concello. O que me parece mal é que se faga a espaldas do concello para sacar un rédito político, que se faga mal e chapuceramente, metendo nun lío ó motoclube e que ainda encima se venda como un éxito e se tire merda encima de quen che dixo dende o principio que non se estaban facendo as cousas ben.
Dices que tonto sería si non o rentabiliza políticamente, e eu digo que si é capaz de rentabilizar esto, entón merece unha estatua. Sin duda.
a min o que me enfada e que vos metades con alguen que o unico que fixo foi dar acara por nos e exclusivamente a petición nosa, o circuito foi idea da xente do clube e non de Marrube, el o que fixo foi unicamente axudarnos, nin figura nin figurou en ningun lado.
Nos temos que sacarlle o sombreiro xa que si non fose por el non conseguiriamos nada por pouco que fose.
aclarar outra cousa, o circuito fixose cun convenio, a obra xestionamola nos integramente, que o circuito quedase un pouco corto foi culpa nosa, un erro do clube que de todos modos e facilmente subsanable.
Non estou mal asesorado o que dis dos permisos e certo pero eu referiame a facilidade conquese lle dan a uns e a outros e repito como e que foi Emilio a inaguración dunha circuito sin licencia? sera porque no fondo tdo non esta tan mal como dis, nin me insta ninguen a escribir e de feito a maior parte das veces que votei foi polos que ti defendes pero non polo partido senon polas persoas que iso e o que prima a nivel municipal e por iso mesmo explico como e todo poque estades a decir cousas que non son certas sobre todo no referente a Ivan.
Nos con moita xente do partido de Marrube mellor xa nin che digo nada pero del en concreto e do que fixo por nos so sacarlle o sombreiro.
volta...
A ver, vale que o intentou, e que é mui loable, pero saiu mal. Mala sorte. Xa nos sairá ben para a seguinte. Pero de eso, a sacar peito e criticar vai un paso.
Por outro lado, min os partidos tráenma ó pairo, non pertenzo a ningún, anque teño mais afinidade por uns que por outros como é evidente, pero a este nivel falo de persoas. Unha das que veladamente criticas, foi sancionada polo mismo feito que levou a cabo o motoclube, pagou relixiosamente a sanción (bastante abultada polo que teño entendido) e despois sacou os pertinentes permisos (a sanción según parece veu "de parte" de algún veciño amistoso) e non pasou nada, continou co que estaba facendo.
Sigo afirmando que o que poño é certo, e gustaríame que me dixeras que parte do escrito é mentira, pero sin vaguedades, si non concretamente, "tal afirmación non é verdade".
MENTIRA:
estabanlles prometendo unha axuda de nada menos de 420.000 eurazos dos impostos de todolos contribuintes, por suposto sin contar para nada co concello que votamos por medios democráticos os alfocenses
EN NINGÑUN MOMENTO NINGUEN PROMETEU ESA CANTIDADE,NIN PARECIDAS,PODES CONFIRMALO PREGUNTANDOLLO E PRESIDENTE DO CLUBE.
MENTIRA:
para un circuito que non contaba con ningunha licencia de obra municipal xa que carecía de proxecto
FIXOSE SO UN MOVEMENTO DE TERRAS,NINGUNHA OBRA MÁIS,E FIXOSE CON PERMISO DE QUEN NESE CASO O TIÑA QUE AUTORIZAR.
MENTIRA:
O que pasa é que onde dixen 420 ahora digo 30, porque a verdade é que tampouco son un peixe tan grande, anque boca si que teño bastante, e o circuito quedouse en corto-circuito, así que xa non pode ser de motocross e de oficial nada xa que ten a mitade do recorrido que precisa, co cal a carreira xa non se pode facer e o moto-clube posiblemente perda a fianza que
NON TEN A METADE DE DISTANCIA DA NECESARIA, FALTANLLE APROX.200 METROS E ISO NON FOI CULPA DE MARRUBE SENON NOSA.
MENTIRA:
E ainda que só foran 30.000€ gustaríame saber como se poden xustificar a donación por parte do bipartito deses cartos para unha obra que non ten licencia, son misterios dos gobernos progresistas que loitan contra o caciquismo da gaivota. Ole Ole y ole!!.
Pura demagoxia barata
ESTO QUE POS SI QUE E DEMAGOXIA, POR NON SABER NON SABES NIN QUEN FINANCIOU O CIRCUITO, E NON EXISTIU UNHA DONACIÓN POR NINGUN LADO.
MENTIRA:
involucramos a unha asociación, prometemoslle o ouro e o mouro (por suposto de cartos que non son nósos) dámoslle un patacón, e despois botámoslle a culpa a quen dende o principio tiña a razón e demandaba prudencia, quedámonos tan anchos e poñémonos as medallas polo traballo ben feito!!!
NON NOS INVOLUCROU NAIDE,A MARRUBE PEDIMOSLLE AXUDA E EL AXUDAOUNOS QUE CAMBIA BASTANTE CO QUE TI POS AHI.
E LOGO DO RESTO QUE POS EN CONTRA DE IVAN NON SABES DO QUE FALAS XA QUE EL E ANTONIO VEIGA SON AMIGOS INTIMOS E IAN NA MIMA LISTA.
Publicar un comentario