Si, hoxe vai de eso. Do peligro de creernos distintos e a donde nos leva.
De por donde se empeza, e dos frutos que xa está dando. No sei si son só eu, pero creo que non, porque hai mais xente que pensa coma min.
Empeza a haber un certo anticatalanismo na sociedade española polo seu pertinaz nacionalismo egoista-todo-para-min, a xente, que non é boba, está hasta os fociños de tanto eu quero todo, porque son o que mais produzo, son o que mais industria e comercio teño, son o mais guapo, e si vés para aquí, aprendes catalán, e si exhibes unha película ha de ser en catalán, e si pós unha tenda ha de se en catalán, e si estudas ha de ser en catalán, e todo o nóso IVA é para nós, e nós non temos por qué darvos nada, etc etc. Todo esto, de forma pacífica por suposto, produce un certo desacougo pero non pasa de ahí. O que pasa, é que cando vés que as empresas con certo capital catalán (que non tén porqué ser maioría) empezan a recibir fortísimas presións para que cambien a sede social para Catalonia (is not spain) xa non che fai tanta gracia, porque sabes que parte dos impostos que poden arranxar as carreteras da túa parroquia xa se perderon. Cando vés que La Toja a compra outro fabricante, pois dache igual, é o mercado, pero cando ves que é catalán, xa non che é tanto, porque sabes que non vas ver un péso deses impostos. E cando ves qeu non se conforman con cambiar a sede social si non que desmantelan e levan todo para Catalonia, pois decides non comprar nada mais de esa marca. E empezan a nacer os boicots.
Que son malos. Pero que existen, é triste que polo afán nacionlista-acaparador dunha rexión-pais (cada un que a denomine como queira) or resto do pais acabe hasta as gónadas de aguantalos. É unha triste pena, pero que lle vamos facer, porque eu como pobre comprador libre, cando vou a comprar o meu gel, e poido elexir, que vou comprar? Un fabricado en Valladolid, do cual me poido beneficiar de parte dos
impostos que paga a fábrica ou un fabricado en Barcelona, do cal sei que non vai sair un céntimo de Cataluña?
Porque mal que nos pese, eles si que saben para onde van os cartos, si non dádevos unha volta por un super catalán e veredes marcadas todas as estanterias con etiquetas 'producto catalán' como si fose mellor que un aragonés, andaluz ou galego. Non, non é mellor, produce mais beneficio para a comunidade, eles sábeno. Igual que saben que esto produce un certo rechazo na sociedade do resto de españa, e ben que se molestan en predicalo en fechas que teñen que vender o cava, cando lles interesa o mercado dos españolitos.
Pois ben, por aquí se empeza. Primeiro rechazamos os seus productos e eles os nosos (aquí xa estamos). Despois rechanos eles a nosoutros e nosoutros a eles, mais tarde efrentámonos políticamente, e despois..... balcanes.
Viva o nacionalismo excluinte.
o feito diferencial e outras trapalladas
sábado, 21 de marzo de 2009 | Publicado por layla en 8:43 6 comentarios
responsabilidade
Gustaríame destacar a lección de responsabilidade política que demos dende Galicia ( ou Galiza, como concesión especial para Jota) ó resto do pais, en forma de corta de pólas enfermas de xeito inmediato en caso do Sr. Feijoo en campaña, e sobre todo, de asunción de responsabilidades no non acadamento (eu non o chamaría fracaso) do triunfo pola parte dos Srs. Quintana e Touriño.
Resulta vivificante ver, nun pais onde todo o mundo se agarra a silla como si fose a única vida posible, que si é posible sair derrotado pero pola porta grande, con honor e asumindo as responsabilidades si as houbera. Facía tempo que non se vía tal. De feito é raro nun pais como este onde naide dimite por nada, si prometemos esto e non cumprimos, non pasa nada, si nos pillan in-fraganti cobrando o que non debíamos, tampouco pasa nada, si se nos caen as obras, tampouco, si nos retrasamos varios anos, quítame alá esas pallas, si onde dixen pleno emprego digo pleno de parados, é que non entendestedes, si dixen transparencia e me saíron uns espías de nada, que mais da?.
Especialmente exemplar o caso do BNG, onde Anxo Quintana arrastra consigo a cúpula nacionalista para permitir unha renovación a fondo do partido, sen ataduras. Chapeau!
A ver si cunde o exemplo.
lunes, 16 de marzo de 2009 | Publicado por layla en 19:58 8 comentarios
Bluff Garzon
Gustaríame abrir un debate de hasta donde chegan os poderes dun xuiz, en este caso os poderes de un xuiz posto en tela de xuicio ( bonito xogo de palabras) en varias ocasións. Poñémonos en situación:
Que conste que estou a favor de que investigue e castigue con todo o peso da lei a todo o que meta a mau na caixa dos cartos públicos, pero sobre todo tendo en conta o historial, nutrido historial de fracasos deste histriónico xuiz, creo que debera primar un pouco o segredo de sumario e a prudencia, sobre todo durante a celebración dus comicios tan importantes para o PP como os galegos e os do pais Vasco.
Ollo, que xa sei que eso non ten nada que ver ca xusticia, e tal, e que ten que ser independente e levar o seu propio camiño e non facer caso a nada e todo o que quieredes. Pero é que resulta que parece, ollo, parece que non é asi. Resulta, que a fiscalía lle di ó pájaro este, que rien de rien, que nin ten probas, nin hai indicios suficientes, nin ten xurisdición, nin tarabela de gaita, entón parece que todo é unha bufonada interesada.
Enton gustaríame saber que pensades de todo esto, abstraendonos a ser posible de colores políticos, aproveitando que xa pasaron as eleccións, e que ahora xa é igual. A pregunta sería ¿Hasta donde o xuiz está obrigado a salvaguardar a honorabilidade das persoas e institucións protexendo o segredo do sumario en prevision de que as investigacións o leven a inocencia do acusado e así protexer a súa honorabilidade? ¿Qué responsabilidades son imputables os xuices por mediatizar publicamente e filtrar interesadamente supostos delitos mui débilmente hilvanados?
viernes, 6 de marzo de 2009 | Publicado por layla en 8:51 1 comentarios
Falaron as urnas.
Gañou Feijoo. E gañou ben. Amplia maioria, gran participación, victoria incontestable. Enhoraboa.
A ver si ahora cumple co prometido. No seu programa levaba cousas mui interesantes, como a contención de gasto público e a austeridade na administración (non son o mismo).
Pero aparte do que vaia a facer ou non, que para esto haberá que esperar, podemos falar dos resultados. Parece que a xente no é parva de todo. Non traga con todo, e sabe quen non resolve os problemas, chegaron catro anos para sacar a careta, parafraseando ó sr. Marrube ó que non me vale a pena contestar sobre das declaracións do outro día, só catro anos para poñer enriba da mesa quen é quen.
A escasa audiencia de este blog puido comprobar que durante a campaña, prácticamente non houbo entradas, non é que non quixese influir, non son tan imbécil como o semi-humano que dixo que non se pronunciara sobre Obama para non influir nas eleccións de EEUU (pobre...) simplemente non estou afiliado a ningún partido e non teño porque traballar para naide, só defendo as miñas ideas, e o que gañe algo coa política, que traballe por ela. Eu teño as miña forma de pensar e uns están mais cerca, outros mais lonxe, e outros están nas antípodas ( o outro día por exemplo, esquerda unida decía nun mitin, entre outras cousas, que a solución para sair da crise era a xornada de 35 horas, que había tecnoloxía dabondo para soportala, e tan anchos se quedaban. Eso sí, había trinta no mitin).
A falta de eficacia do goberno central para encarar a crise (a negación valeulle temporalmente para superar as eleccións xerais, pero esto estallou definitivamente) o retraso inexcusable das obras do AVE, a desfeita urbanística da Sra. Caride (matar moscas a cañonazos, é unha desfeita) os abusos do BNG na materia dos empregos dactilares e o tema eólico, a inoperancia xeral do goberno Touriño, a progresiva e imparable deterioro e radicalizacion da vida política galega tiñan que pasar factura mais tarde ou mais cedo. E foi mais cedo. Creo que é un caso paradigmático de bipartito de vida corta. Penso que en ninguha outra comunidade se deu un goberno bipartito de tampouca existencia temporal. Deberían reflexionar.
Ahora esperemos que estes o faigan mellor. Pero tamén estaremos aquí para velo. De todas formas este Feijoo parece (ollo, parece) un tipo serio, que sabe o que hai que facer, polo menos ten experiencia en lidiar con grandes organizacións e semella que non lle tembla o pulso á hora de tomar decisións. Como él di, chegou a hora, ojalá non nos defraude.
lunes, 2 de marzo de 2009 | Publicado por layla en 8:16 21 comentarios