Din que o sentido común é o menos común dos sentidos, e dende logo non lles falta moita razón.
Esto ven a colación do dichoso Falcon, o avión que usa o presi para ir os mitines do seu partido. Están ahora os partidos do goberno e oposición á greña sobre si se debe ou non se debe, si a lexislación o ampara ou non o ampara, si un se levanta presidente e se deita presidente ou si a aboa fuma. Para a miña humilde (humildísima en realidade) opinión a cousa é moito mais sinxela. O sentido común (o meu ) di que non.
Porque ZP é presidente de España e dos españois, e os estado e os españois poñemoslle uns medios á súa disposición para que poda facer a súa labor sin ningún problema para resolver os problemas do estado e dos españois. Punto. É así de sinxelo.
A partir de aquí son xogos malabares de políticos, de si pero... de é que no caso de que... no caso colateral de que a continxencia tal... si subliminalmente obviamos a xurisprudencia aplicable ó xefe do estado en...
Trapalladas.
A única realidade é que o xefe do estado está utilizando medios do estado con fines particulares (para si ou para o seu partido) que nada teñen que ver co ben común do estado ou dos españois. E xa está. O resto non deixa de ser palabrería baleira de políticos. É xusto que o presi dispoña de un avión do exército para estar en donde queira moito mais rápido que o xefe a oposición? esto é xogo limpo? Dame a min que non. Pero bueno. Esto debe de ser así, por suposto en óptica equilibrada socialista.
Por certo, aumentaron as axudas ó cine. Je je. Eran poucas. Hai que axudar a unha industria onde hai tantos traballadores que cobran o soldo mínimo, e non chegan a fin de mes, non vaia a ser que a Bardem non poda pagar a hipoteca...
O dito, sentido común. Mentras hai paro a espuertas, os cartos non chegan, o mar está na ruina, o transporte parado, a construcción paralizada, o PIB baixo mínimos, o presi anda de mitin en mitin nun reactor e destinamos 8.6 millons de euros mais ó cine, debe ser o cambio de modelo productivo, vamos deixar de facer coches e casas, ou o que sexa, imos ser todos comediantes. Dende logo é o que se leva nas altas esferas de este pais.
Desde esde punto de vista si que ten sentido.
Sentidiño
sábado, 30 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 10:21 1 comentarios
como os pícaros
Dame a impresión que o presidente é como os pícaros, cando se ilusiona con algo, pónse rallante, e durante unha temporada xa non se fala de outra cousa, e non se atende a nada que non sexa o matinar do novo xoguete. Antes foi a Alianza das Civilizacións e ahora é o Cambio do Modelo Productivo.
O malo é que non se pode cambiar o modelo productivo dun pais dende arriba, esto non funciona así. Porque para empezar, téñense que dar as condicións, ten que haber o "clima" e o "solo", é decir, temos que ter as empresas e empresarios dispostos e os traballadores necesarios, e non temos nin unhos nin outros, porque os traballadores non están formados (gracias ó maravillosos plans de formación deste pais, unha niñada de chupons de subvencións), nin os empresarios teñen o marco competitivo que garantice a inversión. E ainda que así fose, levaría anos. E non temos anos. O que temos son problemas urxentes.
Pero como estamos co xoguete novo, xa non facemos nada co vello. Temos un Camionciño sin rodas, arrinconado no fondo dun queixón, e dame a impresión de que non se lle fai moito caso. Cando o debate sobre o estado da nación, mirouse de parchealo un pouco, pero enseguida se desisteu, púxoselle unha roda sola, de mala maneira, e volta ó caixón... bffff.... qué mal rollo...
E di o presi que ahora que tocamos fondo, será mais facil remontar. Si non fora mentira, sería unha pallasada. Pois claro que si tocas fondo o mais facil e subir!!! si estas no fondo para baixo xa non podes ir!!!
Pero é mentira, como sempre. Xógome unhas cervexas virtuales con quen queira a que perderemos outros 500.000 postos de traballo este ano.
martes, 26 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 8:46 0 comentarios
Entradas retiradas
Como veredes hai unhas entradas que foron borradas do blog, non se trata de ningunha censura se non por petición do seu autor.
lunes, 25 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 8:20 0 comentarios
Algunhas das medidas estrella....
Ou estrelladas, non se sabe:
Os ordenadores, que por certo xa son vellos, porque xa levan saindo en varios debates sobre o estado da nación e incluso en varias promesas electorais... esto vai para largo. Pois resulta que onte ou antonte en Hora 25 en cadena SER (podese oir vía web en www.cadenaser.com) Angels Barceló entrevistou a Juaquín Almunia, e recoñeceu que ainda non saben mui ben como se vai a pagar esto, si vai a ser vía comunidades autónomas, vía estado, e incluso, tachán!! non se descarta que o paguen os pais dos rapaces!! polo menos en parte. Ole ole y ole!! esto son medidas ou non son medidas tomadas polos pelos. Total solo se trata de unha proposta que lle levan dando voltas cinco anos, xa podían ter mirado como ían a finaciala.
Outra medida é a reducción de 5 puntos do tipo impositivo para as pemes de facturen menos de 4millons de euros anuais sempre e cando manteñan o emprego. Fagamos unhas cuentiñas:
Si nos vamos ó tipo medio do tramo, 2 millons de euros de facturación unha empresa que declare un 10% de beneficio (que xa é moito, o normal estaría entre un 5 e un 8%) tería 200.000 de beneficios, que co tipo de imposición actual pagaría un 20% de impostos, 40.000€. Si lle reducen un 5% pagaría un 15%, polo que pagaría 30.000€ polo que aforra 10.000€, que non están nada mal. O que pasa é que si a actividade lle baixou (a totalidade das empresas españolas)e lle sobran traballadores, eses dez mil euros non lle chegan para pagar o soldo dun traballador durante seis meses, así que lle sendo mais rentable prescindir dun traballador. Si o levamos ó limite de de catro millóns de facturación, a bonificación e prácticamente o coste de un home, polo que ningunha empresa que vexa recortada a súa actividade vai a retener xente amparandose nunha axuda tan pequena, porque non vale a pena. Consiste en facer empresas non viables artificialmente, o cal non é nada convinte, pode levar a que por culpa de non despedir a dous, haxa que despediolos a todos dous anos mais tarde. E si a actividade non che baixou, xa non ibas a despedir a naide, ¿non?, ¿para que che van a bonificar nada?. Non entendo mui ben esta medida.
En canto ó fin da desgravación por vivenda, entendo que queren acabar co modelo de crecemento basado na construcción e que a xente invirta en vivendas (segundas e terceiras) e o feito de acabar coa desgravación no 2011 esperan que produzca un efecto chamada que axude a limpar os stocks de vivendas dos bancos e as inmobilarias metendo algo de presa ós posibles compradores indecisos. Persoalmente creo que os clientes hoxe en día non compran pola posible desgravación e si polo precio en sí, e que despois do 2011, si o parque de vivenda non baixou significativamente, o goberno prorrogará a desgravación ou o mercado axustará o precio á baixa das vivendas para compensar a desgravación. Por outro lado, o límite dos 24000€ é tan baixo (realmente empeza a reducirse a desgravación gradualmente nos 17.000€ para quedar a 0 nos 24.000€) que tampouco van a poder desgravar nada os que están por debaixo de esta cifra, xa que esta desgravación non é unha axuda directa si non unha devolución da retención, polo que ó ter unha renta baixa, terá unha retención tamen mui baixa ou incluso ningunha retención, polo que non poderá deducir nada si nada paga.
Creo que estas eran as tres medidas estrella de ZP. E sinceramente, non me parecen gran cousa. A min gustaríanme mais outras mais atrevidas, pero non hai o que hai que ter, por exemplo, reforma laboral, reforma urxente e dotación de medios para a xusticia, reforma do estatuto dos funcionarios para acercalos ó funcionamento do sector privado, liberalización do sector enerxético e desbloqueo das nucleares (todo esto da enerxía verde está mui ben, pero estanos costando unha pasta gansa, que se están embolsando catro empresas que explotan os parques eólicos), reforma do plan E para que en lugar de facer chorradas que non serven para nada como pistas de patinaxe, doten ós concellos de pasta para que paguen o que deben ás empresas que teñen afogadas con deudas de mais de dous e tres anos... etc etc.
Pero eso é moito pedir.
sábado, 16 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 10:24 0 comentarios
Mentiras piadosas
Ou malintencionadas?
Di Almunia, e de repente todo o goberno (ahora si que ten razón) que parece que tocamos fondo, que a comisión europea di que parece que o peor xa pasou e que parece qeu se vislumbran "brotes verdes".
Je, je.
Según este cuadro, a finales do 2010, que é a máxima previsión que fai a CE,
só quedan catro "potencias" con tasas negativas, Austria, Portugal, Letonia e? Si señor! ESPAÑA!!! A campeona da economía mundial ainda non ten horizonte de recuperación.
Así que non nos conten milongas nin medias verdades. E vaian buscando outra disculpa distinta que a da crise mundial, porque visto o visto...
PD. Estas son as previsións da CE, porque as do FMI son peores.
viernes, 15 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 9:19 0 comentarios
Reforma laboral
Como o prometido é deuda, ahi vai o que opino (por si a alguén lle importa) sobre a (mal que lle pese á xente) inevitable reforma laboral:
Frente a propostas absurdas, como a de Mendez de reducir a xornada semanal a catro dias, hai outras medianamente decentes que se poden discutir. Entre elas hai unha proposta elaborada por mais de 100 economistas (independentes) que propon unha reforma que nos acerque un pouco á media europea en clima laboral, porque mal que lle pese ós sindicatos, os datos do Banco Mundial, con indices de 180 paises son os seguintes:
Dificultad para contratar en España 78 OCDE 25.7
Rigidez de horas en España 60 OCDE 42.2
Dificultad para despedir en España 30 OCDE 26.3
Rigidez del empleo en España 58 OCDE 31.4
Coste de despido en España 56 OCDE 25.8
E esto é o que hai. Non é ningún invento. En todo este post, vou tratar de que non saia ningunha opinion política da oposición, si non datos de organismos oficiais ou independentes e opinións do goberno. Ollo ó ultimo dato, ainda que non é o mais importante, costo de despido, mais do doble en España. Os outros datos como rixidez de horas e de emprego denotan a falta de flexibilidade que as empresas levan reclamando dende fai meses. Pero según Corbacho, o problema non é ese si non todo o contrario, hai excesiva flexibilidade (?). Non me explico en que mundos de yupi vive esta xente, está claro que non vive no mesmo planeta que o resto da xente, porque Solchaga, ex ministro de Economia e Facenda, dille exactamente o mesmo, Taguas, presidente de Seopan, o mesmo, a cepyme e Fernandez Ordoñez o mesmo, o Financial Times opina exactamente o mesmo. É decir, todo o mundo excepto ZP e correlixionarios pensa que esto ten que cambiar.
Pois resulta que hai unha proposta de casi cen economistas, algunhos de gran prestixio, que plantexan unha reforma laboral urxente, sin tocar os contratos vixentes, ollo que eso non se toca, unificando todos os tipos de contrato nun único contrato con vinte dias de despido por ano. Esto pódese considerar abaratar o despido dos contratos fixos (os que non hai) ou encarecer os eventuais (que son os que se fan maioritariamente ahora). Hai que ter en conta que as indemnizacións actuais son 45 dias por ano en contrato fixo e 8 en temporal. E con esta abismal diferencia ainda se preguntan porque a tasa de temporalidade en España está no 30% cando a media Europea non chega ó 15%. A estas figuras da economía non se lles ocurre pensar que en Europa a media de despido está na mitade que o nóso, polo que non compensa o temporal. Esta diferencia tan grande leva as grandes empresas do nóso país a valorar a rotación de traballadores como política empresarial, baixando o rendemento e a productividade a costa de un costo menor de personal e un empobrecemento da sociedade. Unha empresa non vai invertir en formar a traballadores temporais, porque non quere invertir tempo e diñeiro para nada, esto lévanos a ter mau de obra pouco formada, e eso a ter unha productividade penosa, que nos leva de novo a menos crecemento económico e a mais paro e volta a empezar.
Hai que pensar que os proveedores de traballo fixo e estable son as pemes, que ahora, cando veñen mal dadas, encontranse con unha carga enorme para prescindir de traballadores para intentar facer a empresa rentable e seguir conservando o resto dos empleos. Entonces que enseñanza están recibindo ahora? Qué che di calquera pequeno empresario si falas con el da crise? Pois que nesta non o volven a coller, daquí para diante, subcontratas e temporais. De feito hai pequenas empresas que teñen un valor empresarial menor que os custo de despedir á metade da plantilla, neste caso, o que o empresario fai e intentar seguir hacia diante a ver si a cousa mellora, e cando non pode mais, bóta o candado e presenta suspensión de pagos. En lugar de ir a metade ó paro, van todos, ninguén cobra indemnización, e os proveedores da empresa tampouco cobran. Gran solución.
Outro problema é que os salarios siguen ligados á inflacción. Como si esto tuvera algo que ver. Os soldos dos traballadores deben ir ligados ó seu traballo, no a si sube ou baixa o pito ou os ovos. Maior productividade maior soldo, menor productividade, menor soldo (como no resto do mundo). Aquí non, aquí si a túa empresa funciona de cine e gana pasta gansa, pero o IPC non sube, ti non ganas un can mais, entón? como te animan a traballar? Pódencho subir voluntariamente, pero cando as cousas sexan ó contrario, o IPC suba pero a productividade da empresa baixe, non cho poderán baixar, estarán obligados a subircho de novo. Esto non é xusto para naide, nin para o traballador nin para a empresa. Cando os soldos queden ligados ós rendementos, esto irá para arriba como ten que ir. Cando ti vexas que o teu bó traballo se traduce nun bó salario, intentarás que sexa así todos os meses do ano.
Tamén temos o problema dos funcionarios, ESADE (a octava mellor escola de negocios do mundo, polo visto) pide que se reforme o estatuto dos funcionarios para que se empece a parecer algo mais a unha empresa normal (que xa vai sendo hora), a ver si así medio pais deixa de soñar con ser funcionario. Porque claro, quen non soña con ser funcionario? Soldo mui por encima do mileurista tipo, resposabilidade cero, sin xefe, intocable como os de Eliott Ness, horario de provilexiado, cuarenta dias de vacacións... non me extraña que se perdan anos e anos de traballo e productividade en preparar oposicións... E unha vez dentro A rascala a conta dos contribuintes!! Pois evidentemente eso tense que acabar, os funcionarios teñen que ser traballadores normais como os outros, sometidos a productividades como os demais, e os que non se queiran reciclar, ou non atendan dilixentemente ós clientes (a nosoutros) e acumulen queixas dos contribuintes, teran que irse ó paro como os demais. Porque señores, cada funcionario de este país, cóstanos ós que traballamos en empresas non-públicas a friolera de 4.500 eurazos por traballador/ano ou sexa, que do que tu produces cada ano, catromilquientos euros é para manter funcionarios, que vendo o que fan... pois como que me apetece ir á diputación, xunta, concello etc, a pedir explicacións do que fan cos meus cartos. Solo para personal. Tela marinera. Si esto non merece que lle metan mao, xa me contaredes.
Está claro como decía ó principio que a reforma é inevitable, porque xa perdemos 600€ de renta per cápita, e non alcanzaremos os niveles de 2007 hasta o 2001, e según Paul Krugman, que non pode ser antiptriota porque non é español, pero seguro que tampouco ten nin p.t. idea de economía anque lle deran o premio nobel (sería un erro, estes suecos, xa se sabe), xa perdemos entre o 15% e o 20% de competitividade. Aparte que dos 13 millóns de parados de Europa, 3.6 millóns están en España (non está mal) e somos líderes indiscutibles en destrucción de empleo. Si esto non é para plantearse unha reforma....
pd. Según ZP hai brotes verdes (green shoots, esto oeullo a Obama, pero desgraciadamente esto non é USA, alí si que probablemente estén saindo brotes, e en Alemania tamén, pero fixeron outras cousas antes...)
martes, 12 de mayo de 2009 | Publicado por layla en 12:29 1 comentarios
a pildorita do trilero
Non sei que me alucina mais, si a burda e pertinaz trampa do goberno de utilizar o arte? do trilero para enganar ó público o arte do birli-birloque ou a borreguil atención que lle presta éste ó engano. Incluso os comentaristas pseudo-intelectuais dos medios, entran ó trapo con tal furia que parecen autenticos cabestros, sin ver mais alá do que realmente é. Un trapo. Unha muleta que utiliza o goberno, como tantas outras veces, para que o toro do estado da nacion, se dedique a cornear a dichosa píldora post-coital, en lugar de falar do que realmente hai que falar, do penoso estado de este (s) pobre (s) pais (es).
De todas formas non é nada novo, levan anos utilizando este truco, e debe ser bó, porque segue funcionando ano tras ano.
Con respecto ó que realmente nos importa, hai novedades:
Por un lado, a outrora indestructible seguridade social, como xa decian os antipatriotas que non tiñan nin p..a idea de economía, resulta que non é tan segura, e convén que os becarios empecen a cotizar. Se ve que o presi, nesas tardes que está aprendendo economía a toda pastilla, chegou ás regras de tres. E claro, mais paro, menos ingresos, mais gastos e non da a camisa para a lavadura. E esto non o dice Fernandez Ordóñez, socialista que ahora tamén é sospeitoso de antipatriota por levar a contraria, si non a cúpula, o señor Granado, á sazon Secretario de Estado para a Seguridade Social, e di tamén que si non se toman medidas, iremos a sistemas como os de USA ou Rusia, onde a xente se xubila pronto,
pero cobra mui pouco, aviso a navegantes.
Si esto o di Rajoy, os sindicatos plantan unha folga xeral ó día seguinte, como o din os amigos de ZP, pois nada, pelillos a la mar.
Por outro lado, alguns paises europeos, con Alemania á cabeza, parece que están tocando fondo e empezan a remontar, así que estaremos espectantes a ver que outra disculpa se lles ocurre ahora para que a crise sexa global, cando os nosos veciños empezan a remontar e nós seguimos caendo.
Porque eso é outro caso digno de estudo, despois de cinco anos de goberno, a culpa de todos os males, tena, por este orden, Bush, Aznar, o PP en xeral e o capital. Curiosamente o éxito dos primeiros anos non, esto era mérito da gran xestión socialista, pero o descalabro posterior é culpa do nefasto goberno do PP e de Bush, e da crise financieira mundial, que a demais de ser virulenta é unha filla de puta, que deixa aquí o doble de paro que no resto de Europa, o doble de endeudamento público e o record mundial de destrucción de emprego. Hai que ser mala pécora. Co ben que íamos. Pero bueno, non hai que preocuparse, a inefable Elena Salgado ten todo controlado, xa dixo o outro dia que no chegaremos ós cinco millóns de parados, cando lle preguntaron as razóns nas que se basaba para dar esta dato, soltou un escueto: "porque no". Haí está! A concisión sempre foi un mérito.
Así que nada, seguimos aumentando en paro, a Sra. Salgado di que ainda podemos gastar mais (!) cando toda Europa está facendo o contrario, e a reforma laboral non se plantexa (de esto falarei no próximo post), tampouco se reforma educación (que xa se demostrou sobradamente ineficaz empeorando anto tras ano os rexistros nas probas de capacidade europea) nin se plantexa a reforma de xusticia (antigua e lenta), seguimos multiplicando gasto (mentras o IPC non sube, o e os soldos dos de a pé están conxelados, os funcionarios, que non teñen que temer polos seus postos ven incrementados os seus emolumentos nun 3.5% por obra e gracia de Salgado" la ahorradora" e ademais, mentras a sociedade destrue emprego, os funcionarios medran un 4%!!!).
E en canto á pildora famosa, xa é triste que unha rapaza de dezaseis anos teña que pedir permiso para tatuarse e non lle faga falta para... ou visto dende outro punto de vista, onde está o dereito dos pais a ser informados sobre a vida dos seus fillos?
Publicado por layla en 8:34 1 comentarios