o circuito

Onte paseime polo bog do noso veciño Ivan Marrube e quedeime con unha sensacion rara, por que a verdade non sei si se cree todo o que pon ou é que simplemente non da mais. Imos por partes:
Cito textualmente, "somos o primeiro Concello da provincia en contar cun circuito de motocross oficial e espero que a xente o sepa agradecer" é dificil contar duas mentiras nunha sola frase e ainda encima pasar o cepillo para cobrar. Non somos o primeiro, Cospeito ten circuito oficial, e nosoutros non o temos, o noso non é oficial, por non ser non é circuito de motocross. Seguimos "foi unha obra promovida dende os seu comezos unicamente polo BNG de Alfoz e o clube de motocross Enduouro""dende o concello non se fixo máis que poñer impedimentos""e triste ter un alcalde que non fai nada" Supoño que cando se refire a que o concello pon impedimentos quere decir que o concello recordoulles ós promotores que tiveran cuidado co que facían, porque estaban a facer unha obra, influenciados por certo partido político, que saltandose toda a legalidade e todos os trámites normais, estabanlles prometendo unha axuda de nada menos de 420.000 eurazos dos impostos de todolos contribuintes, por suposto sin contar para nada co concello que votamos por medios democráticos os alfocenses, para un circuito que non contaba con ningunha licencia de obra municipal xa que carecía de proxecto. Si o feito de recordar e recomendar que se cumpla a lei, como por certo temos que cumplir os demais veciños é para o sr. Marrube, poñer atrancos, pois si, supoño que se lle puxeron atrancos. Cabe recordar que non se parou a obra. Deben os veciños saber que é o que pasa cando eles queren facer un movemento de terras similar en alguha das súas fincas ou unha obra en terreo rural, o pouco que tarda SEPRONA en aparecer a extender a receta pertinente.
Con esta promesa de pasta pública, o moto-clube Eduouro inicia as obras e ingresa na federación de motociclismo unha fianza para facer o 15 de agosto unha carreira de motocross oficial do campionato galego, de feito a carreira figura no calendario oficial que se pode ver na páxina web de dita federación. O que pasa é que onde dixen 420 ahora digo 30, porque a verdade é que tampouco son un peixe tan grande, anque boca si que teño bastante, e o circuito quedouse en corto-circuito, así que xa non pode ser de motocross e de oficial nada xa que ten a mitade do recorrido que precisa, co cal a carreira xa non se pode facer e o moto-clube posiblemente perda a fianza que depositou, como o sr. Marrube di, e volvo a citar textualmente "O camiño foi largo ata o día de cortar a cinta, pero a vista dos resultados non cabe máis que satisfación polo traballo ben feito" si señor, con un par. E ainda que só foran 30.000€ gustaríame saber como se poden xustificar a donación por parte do bipartito deses cartos para unha obra que non ten licencia, son misterios dos gobernos progresistas que loitan contra o caciquismo da gaivota. Ole Ole y ole!!.
Pura demagoxia barata, involucramos a unha asociación, prometemoslle o ouro e o mouro (por suposto de cartos que non son nósos) dámoslle un patacón, e despois botámoslle a culpa a quen dende o principio tiña a razón e demandaba prudencia, quedámonos tan anchos e poñémonos as medallas polo traballo ben feito!!! Non me extraña que o BNG esté onde está!! Pero non volo perdades, porque na segunda entrada di que o problema do seu partido xa o vía vir, pero que non dicía nada porque a súa mocidade e inexperiencia lle impedía rebelerse, e a continuacion carga contra a directiva comarcal, contra a central non.
Sr. Marrube, vostede denota de todo menos inocencia xuvenil. Cando un é novo, ten forza e ideas, rebélase contra o establecido, non ten necesidade de que o tempo lle día a razón, xa sabe que a ten. O que vostede fai e facer leña do árbol caido. Intenta buscar un oco na desfeita do seu partido e busca onde pode teloa cargando contra a comarcal porque contra a executiva non se atreve, sigue sendo cobarde, nunca lle vin unha declaración pública decindo o que pon no seu blog antes das eleccións, porque o pon ahora? Espera sacar rédito do seu partido? ou solo é unha rabieta porque pensaba sair elexido en lugar do sr Veiga o pasado dia 28-06?
Se quere ser un intrigante de partido e triunfar, necesita ser frio e calculador, non ter escrúpulos, saber moverse entre bambalinas, ter contactos, don de xentes e ser moi intelixente. Posiblemente as primeiras característcas as teña, a última, moito me temo que non.
"Creo que o concello e os seus vecños merecen algo mellor" Con esta frase si que estou de acordo, os veciños sempre merecemos algo mellor que o que hai, pero levamos 30 anos esperando unha alternativa mellor, e ainda non a encontramos, a ver si hai sorte a algún ano de estes se presenta alguén que mellore o que temos, non dubide sr. Marrube, que cando apareza, os votantes, saberemos aprecialo.

Concentración

Anda estos dias o candidato revolto, porque resulta que non saeu ben parado no sorteo da concentración, e claro, non están ben afeitos. Esto soe pasar. Cando se vai a un proceso tan grande como unha concentración parcelaria, soe pasar que haxa un monton de xente que nin fun nin fa, algún perxudicado e algún beneficiado. O erro está en pensar que se ten que gañar de primeiras. Non hai que ser tan cativo. Con esto sempre se gaña, anque non sempre ó principio, ó mellor teñen que pasar uns anos para darse conta, sobre todo si se ten un ancho de miras tan reducido, que se mira mais como quedou o veciño que o me quedou a min.
E por suposto, sacar rédito político. E si podemos meter cizaña mellor. Porque os do PP quedaron mellor, a eles non os molestaron nada.
Pobres! Eso chámase enanismo político. De todas formas non me sorprende da persoaxe, xa coñecida pola súa enorme ecuanimidade, baste recordar o episodio da carta de felicitación qeu escribiu cos seus alumnos a ZP, feito que non dubidou en repetir con Feijoo cando gañou as seguintes eleccións. Como digo todo un demócrata e un xusto maestro.
Pois, como decía, din por ahí que non quedou ben no reparto da concentración, como algún outro que tampouco quedou ben. Pois vaia oportunidade que tiña de demostrar a xenerosidade que se lle supón a un bo candidato que opta a un cargo (suponse buscando o ben común) para abogar pola boa marcha da concentración e loitar pola resolución pacífica e rápida da mesma!!! E en lugar de eso, buscamos o recurso fácil, de decir que os do goberno municipal non lles tocaron nada, ós outros si, cizañamos un pouco por aqui, outro pouco por alí, metemos ruido e facemos mal. Con que obxetivo señor candidato? Qué é o que pretende? Paralizar o proceso mais tempo? Desgastar o goberno do PP á conta dos veciños? Solo chinchar? Ou solo é por unhos tristes maciñeiros?
De verdade que estes comentarios de bar que anda facendo (non esqueza que este é un val mui pequeno) non o favorecen nada, e ainda que o que está enfrente lle día a razón en principio, non ten porque estar pensando que a ten, que todos somos mui galegos neste concello!!.

Victorias pírricas

Estos días, a conta da crise das empresas americanas, estase a falar mui alegremente para o meu entender, de que toda a culpa é dos executivos que cobran cantidades indecentes, que teñen soldos por obxetivos, e que a veces non miran mais que cumplir eses obxetivos a curto plazo sin mirar a viabilidade dos proxectos a largo plazo.
Pode ser. Todo esto pode ser, e seguro que hai moito de esto. Do que non se fala nada é do que se pode aprender de accións perpetradas por outros actores sociales como os sindicatos nos USA.
Si collemos por exemplo o caso de General Motors, temos unha empresa que era modelo en criterios de organización, foi pionera en crear distintas marcas para atender distintos tipos de clientes e incluso foi das primeiras en comprar outras marcas foráneas para deslocalizar e ser mais competitiva. Tamen chegou a acordos con outras marcas para atrender novos conceptos. Sin embargo nos anos 70 tivo un serio enfrentamento co UAW, United Auto Workers, sindicato de traballadores de automoción de EEUU, que conseguiron reducir a xubilación a 30 anos con prestacións completas despois de 67 dias de folgas, no 98 pararon 26 fábricas, deixando de producir 22.500 coches diarios para reducir a xornada laboral de 8 a 6 horas diarias, mantendo o salario, e poñendo fin á deslocalización da fabricación. Anque houbo grandes tensións na dirección, ó final claudicaron, cedendo ás presións sindicais sin ningún tipo de compensación.
General Motors pasou dunha cota de mercado nos anos 60 do 52% o 31% no 98 e no 2009 ten o 22%, en este ano, o marxe de beneficio obtido pola empresa por vehículo é de un 78% mais alto en Ford que en GM.
Este ano certifícase a quebra de General Motors, a outrora xigante da automoción. Probablemente todos ou a maior parte dos traballadores se irán á rúa. Felicidades ós sindicatos pola gran negociación de fai 11 anos. Bo traballo.
PD. ZP, que tanto mira a Obama, que mire tamen estos exemplos, xa que está tan enamorado dos sindicatos...

pajin

Xa ten nome de chiste. Pero non é un chiste, é patética. Téñenlle tanto medo a Aznar que cada vez que este abre a boca, saen con toda a artillería a contestarlle como sexa.
Tranquilos ho! Que xa non é presidente nin cadidato (por certo, por decisión propia, e cumplindo promesas, vamos, como ZP).
Di Pajin, que é a conciencia de Rajoy e que di o que Mariano non se atreve. Pode ser. En moitas cousas ten mais razón que o propio Rajoy. O que pasa e que os toros dende a barreira son mais faciles de torear. Se non podemos preguntarllo ó propio González, que estos días criticou amargamente a decisión de ZP sobre Garoña, e tamen ten razón. Entre outras cousas porque o executivo desplazou centos de técnicos de seguridade nuclear alí durante un par de meses para que dictaminasen, e estos dixeron que podería seguir sin problema durante dez anos mais, pero como esto non encaixaba no que ZP quería facer, mais ben non quería mais lios despois de perder as eleccións de Galicia e europeas, decide que se cerra, ou mellor non, que a cerren os que ganen as próximas eleccións (que a este paso non será o PSOE, según os seus propios calculos e quítanse de encima o gran marrón). Así que como recoñece o propio ministro de industria, o inefable Sebastián, é unha decisión política, entonces, digo eu, para que coño mandamos a naide a facer un informe que costaría unha pasta, si xa tiñamos a decisión tomada, fagámolo e punto. Canto no gusta marear a perdiz.
Según Pajin, era unha promesa electoral, e programa é para cumplilo. E xa postos a cumplir o programa, porque non cumple a promesa do pleno empleo? A min valíame mellor. Ah! que ahora non se pode porque a circunstancias cambiaron? Pois xa cho explicou ben Felipe Gonzalez, si as circunstancias cambian, o programa ten que cambiar tamén ( e nesto FG era un especialista, recordade o de "OTAN de entrada no" je je, pero bueno "errare humano est") e si estamos nunha crise galopante, non creo que sexa momento de cerrar nucleares, por pouco que sexa un 1% da producción electrica nacional. Tamen son centos de empregos na zona. Si, xa sei que van facer un parador. Así un enxeñeiro técnico nuclear pódese reciclar en facer camas ou en poñer cafes a turistas (que por certo cada vez son menos, xa veremos as cifras reais a final de campaña). En resumen que Garoña é unha coña.
E pajin, pois eso Pajin, non ten outra cousa que facer que ocuparse de Aznar?, digo eu que terán mais que facer polo pais que ocuparse polo que foi presidente fai casi seis anos non? Fai uns poucos días tiveron por aqui a Trichet, que lles volveu a decir o mismo que machaconamente lles leva dicindo todo o mundo dende fai un ano, que si se quere reactivar a economía en España hai que recuperar a senda da competitividade con medidadas a corto, medio e largo plazo, e as de corto son as reformas urxentes do mercado laboral para flexibilizar os contratos xa, a descentralización da negociación colectiva, e a moderación salarial. A medio plazo a contención de gasto público, o descenso da deuda exterior, e a largo a mellora da educación, e da xusticia.
Pero esto a Pajin&company, como quen oe mexar unha vaca.